Boas:

En 31/12/2009 15:48, Miguel Branco escribiu:
O Xoves 31 Decembro 2009 15:38:28 Miguel Bouzada escribiu:
2009/12/31 Adrián Chaves Fernández<adriyeticha...@gmail.com>

Coido que tanto en Trasno como en Mancomún acadárase o consenso para
traducir
"application" coma "aplicativo". Pareceume ben, non habendo unha norma
por parte da RAG. O caso é que mentres estaba organizando as categorías
de software na Galipedia, utilizando "aplicativo" en vez de "aplicación",
un usuario informoume de:

«...que eu saiba nin Mancomun nin Trasno teñen autoridade sobre a lingua
polo
tanto os acordos os que poidan chegar só os vencellan a eles, si o ten a
RAG
que colabora co DIGATIC, onde só aparece aplicación[1]--RNC 12:59, 31
decembro
2009 (UTC)»

Unha opinión a priori:
Esa crítica non é válida. De que eu saiba nin a RAG  ten lexitimidade sobre do
galego; a lingua fana os falantes e o uso que fan da lingua. A RAG asenta un
estándar pero non fai a lingua. A lingua faina o uso. Ademais, recordo que as
normas son SÓ ortográficas e morfolóxicas. E se no contexto no que falamos,
Trasno ou mancomun escollen aplicativo ten relevancia pois son os que estana
facer o cento de traducións nas que o termo aparece.
Concordo.

[1] http://www.digatic.com/gl/node/5035

Eu descoñecía a existencia de DIGATIC, e aínda máis de que a RAG
colaborase con ninguén para o establecemento de termos informáticos
normativos. Pero se
isto é certo, coido que deberiamos empregar "aplicación".

Alguén pode aportar máis luz sobre o tema de DIGATIC e a súa
"colaboración" coa RAG?

Eu sei o que se comentou aquí: un dicionario da TIC realizado polos telecos
coa axuda da RAG e subvencionado publicamente. Coma sempre obra non libre.
Se non é libre non é dos galegos. Para min un dicionario que non é libre non pode ser o dicionario de todos. Que triste que cos cartos de todos se fagan estas cousas.

Proba do rigor dese diccionario (?)

http://www.digatic.com/gl/node/5187
http://www.digatic.com/gl/node/4079
http://www.digatic.com/gl/node/13132
http://www.digatic.com/gl/node/12901

sorprendente!
Carallo!, como doen algunhas definicións!

btw,
felis aninovo!!


Igualemente a todos, feliz aninovo!!

Responderlle a