Boas:
Atopeime coa cadea: Key Reference
Estas son as traducións doutros idiomas
key reference Clave de referencia (ES)
key reference Clé de référence (FR)
key reference Referência chave (PT)
Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai pouco a
definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que lle acaia
ningún dos significados.
Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o significado
de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é.
Pero que é? aquí hai unha explicación
http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un marcador,
identificador que leva a un determinado lugar da axuda.
Penso que neste caso podería traducirse como:
Identificador de referencia
(que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente)
Algunha opinión?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto