O Mércores, 16 de Maio de 2012 19:12:46 damufo escribiu:
> Boas:
> 
> Atopeime coa cadea: Key Reference
> 
> Estas son as traducións doutros idiomas
> key reference Clave de referencia (ES)
> key reference Clé de référence (FR)
> key reference Referência chave (PT)
> 
> Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai pouco a
> definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que lle acaia
> ningún dos significados.
> 
> Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o significado
> de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é.
> 
> Pero que é? aquí hai unha explicación
> 
> http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
> 
> Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un marcador,
> identificador que leva a un determinado lugar da axuda.
> 
> Penso que neste caso podería traducirse como:
> 
> Identificador de referencia
> (que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente)
> Algunha opinión?

Que significa, a que concepto se refire o termo? Porque de primeiras:
- Refence Key → Clave de referencia
- Key Reference → Referencia dunha clave
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a