Boas:
Quería deixar o debate de password para a trasnada
pero xa vexo que non vai poder ser...;-)

En 18/05/2012 13:18, Antón Méixome escribiu:
2012/5/18 Adrián Chaves Fernández<adriyeticha...@gmail.com>:
O Mércores, 16 de Maio de 2012 19:12:46 damufo escribiu:

Boas:
Atopeime coa cadea: Key Reference
Estas son as traducións doutros idiomas
key reference Clave de referencia (ES)
key reference Clé de référence (FR)
key reference Referência chave (PT)
Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai pouco a
definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que lle acaia
ningún dos significados.
Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o significado
de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é.
Pero que é? aquí hai unha explicación
http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un marcador,
identificador que leva a un determinado lugar da axuda.
Penso que neste caso podería traducirse como:
Identificador de referencia
(que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente)
Algunha opinión?


Que significa, a que concepto se refire o termo? Porque de primeiras:

- Refence Key → Clave de referencia

- Key Reference → Referencia dunha clave

Traio aquí a acepción de clave que creo que nos ocupa. Como vedes
temos o problema de diferenciación entre clave/chave/contrasinal

Para min que
- chave, só se debería utilizar para abrir ou pechar algo
Eu penso que para a RAG non é así
1. Conxunto de signos, cifras ou letras coñecido só pola persoa ou persoas interesadas, utilizado para certos fins. Na miña opinión penso que esta definición acae perfectamente para clave (de acceso).

- clave, para toda cadea que sirva para relacionar elementos
- contrasinal, só para validar un acceso (sinónimo de "clave de
acceso" e non de "clave")

Eu o de que contrasinal é sinónimo de clave de acceso e non de clave non o acabo de ver, empezando porque no dicionario da RAG non pon nada diso.

Hai que ter en conta que a RAG, en canto ao significado de clave, fala do seu carácter segredo cousa que nin se comenta do contrasinal, é mais, polo que di o dicionario, o contrasinal mesmo pode ser público, cousa que dista moito do que estamos a falar (algo segredo).

Por outra banda o contrasinal é coñecido por DÚAS ou máis persoas cando a clave o é pola persoa (ou persoas) interesada(s) polo que da a posibilidade de que só sexa UN quen a coñece. Isto ultimo acércase moito máis ao significado do password do que estamos a falar, no caso informático, na maioría dos casos só debería coñecer a clave unha única persoa (o lóxico e seguro é que a clave estea cifrada polo que nin o administrador do servidor debería coñecer dita clave).

Con isto quero dicir que (tendo en conta o dicionario da RAG) non vexo nada que contrasinal sexa unha boa tradución de password.

Tamnén habería que ter en conta que o propio dicionario ofrece unha tradución: "Clave de acceso" e segundo isto se hai que acurtar ou ofrecer unha alternativa máis curta parece (me) lóxico recorrir a clave antes que a contrasinal (que insisto pode ser pública e ten que ser coñecida por dúas ou máis persoas.)



Clave
...
DRAG
4. O que é máis importante ou de vital importancia. obs. Nesta
acepción vai habitualmente en aposición despois dun substantivo. Este
dato é clave para comprender o problema. Está en postos clave da
Administración.

Con respecto a este KEY (key reference)


Para min non ten que ver que sexa un valor identificativo con ese carácter de "vital importancia" que da o dicionario na acepción 4 de "clave" que pegas arriba.

O uso que se lle dá pode selo (por exemplo nunha base de datos) pero non o dato en si, que neste caso o que fai é identificar. Son moi malo poñendo exemplo pero vou a intentalo: unha matrícula dun coche identifícao pero de aí a ser o máis importante e de vital importancia ... buff non o vexo.


▲ Clave de acceso. Inform. Conxunto de caracteres que é necesario
coñecer para poder acceder a certos programas ou servizos nun
ordenador. Négase a revelarnos a clave de acceso.

Daquela, e pola explicación que se dá en
http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
penso que o máis acertado sería

key reference>  referencia clave (algo así como identificador único)

Como dicía, non teño claro que "clave", sexa o máis axeitado. No open-tran 
tampouco hai unanimidade.

http://en.gl.open-tran.eu/suggest/primary%20key


Eu tamén tería en conta a tradución do portugués, aquí si que hai unanimidade 
(chave):
http://en.pt.open-tran.eu/suggest/primary%20key

Eu penso, despois de todo o comentado, que para este key podería usarse 
identificador único porque é un dato que identifica, nin é segredo nin ten 
porque ser de vital importancia. O malo que lle vexo é que é un pouco longo 
respecto do termo orixe

key ->  identificador único

Outra opción (para acurtar) sería atribuírlle a chave o significado de 
"identificador único" (que eu non veño que o teña segundo a dicionario da RAG).



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a