2012/5/18 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: > O Mércores, 16 de Maio de 2012 19:12:46 damufo escribiu: > >> Boas: > >> > >> Atopeime coa cadea: Key Reference > >> > >> Estas son as traducións doutros idiomas > >> key reference Clave de referencia (ES) > >> key reference Clé de référence (FR) > >> key reference Referência chave (PT) > >> > >> Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai pouco a > >> definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que lle acaia > >> ningún dos significados. > >> > >> Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o significado > >> de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é. > >> > >> Pero que é? aquí hai unha explicación > >> > >> http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676 > >> > >> Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un marcador, > >> identificador que leva a un determinado lugar da axuda. > >> > >> Penso que neste caso podería traducirse como: > >> > >> Identificador de referencia > >> (que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente) > >> Algunha opinión? > > > > Que significa, a que concepto se refire o termo? Porque de primeiras: > > - Refence Key → Clave de referencia > > - Key Reference → Referencia dunha clave
Traio aquí a acepción de clave que creo que nos ocupa. Como vedes temos o problema de diferenciación entre clave/chave/contrasinal Para min que - chave, só se debería utilizar para abrir ou pechar algo - clave, para toda cadea que sirva para relacionar elementos - contrasinal, só para validar un acceso (sinónimo de "clave de acceso" e non de "clave") Clave ... DRAG 4. O que é máis importante ou de vital importancia. obs. Nesta acepción vai habitualmente en aposición despois dun substantivo. Este dato é clave para comprender o problema. Está en postos clave da Administración. ▲ Clave de acceso. Inform. Conxunto de caracteres que é necesario coñecer para poder acceder a certos programas ou servizos nun ordenador. Négase a revelarnos a clave de acceso. Daquela, e pola explicación que se dá en http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676 penso que o máis acertado sería key reference > referencia clave (algo así como identificador único) > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

