2012/5/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2012/5/18 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> O Mércores, 16 de Maio de 2012 19:12:46 damufo escribiu:
>>
>>> Boas:
>>
>>>
>>
>>> Atopeime coa cadea: Key Reference
>>
>>>
>>
>>> Estas son as traducións doutros idiomas
>>
>>> key reference Clave de referencia (ES)
>>
>>> key reference Clé de référence (FR)
>>
>>> key reference Referência chave (PT)
>>
>>>
>>
>>> Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai pouco a
>>
>>> definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que lle acaia
>>
>>> ningún dos significados.
>>
>>>
>>
>>> Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o significado
>>
>>> de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é.
>>
>>>
>>
>>> Pero que é? aquí hai unha explicación
>>
>>>
>>
>>> http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
>>
>>>
>>
>>> Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un marcador,
>>
>>> identificador que leva a un determinado lugar da axuda.
>>
>>>
>>
>>> Penso que neste caso podería traducirse como:
>>
>>>
>>
>>> Identificador de referencia
>>
>>> (que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente)
>>
>>> Algunha opinión?
>>
>>
>>
>> Que significa, a que concepto se refire o termo? Porque de primeiras:
>>
>> - Refence Key → Clave de referencia
>>
>> - Key Reference → Referencia dunha clave
>
>
> Traio aquí a acepción de clave que creo que nos ocupa. Como vedes
> temos o problema de diferenciación entre clave/chave/contrasinal
>
> Para min que
> - chave, só se debería utilizar para abrir ou pechar algo
> - clave, para toda cadea que sirva para relacionar elementos
> - contrasinal, só para validar un acceso (sinónimo de "clave de
> acceso" e non de "clave")
>
>
> Clave
> ...
> DRAG
> 4. O que é máis importante ou de vital importancia. obs. Nesta
> acepción vai habitualmente en aposición despois dun substantivo. Este
> dato é clave para comprender o problema. Está en postos clave da
> Administración.
> ▲ Clave de acceso. Inform. Conxunto de caracteres que é necesario
> coñecer para poder acceder a certos programas ou servizos nun
> ordenador. Négase a revelarnos a clave de acceso.
>
> Daquela, e pola explicación que se dá en
> http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
> penso que o máis acertado sería
>
> key reference > referencia clave (algo así como identificador único)

Despois de ler a definición na ligazón indicada por Daniel:

Key Reference: A text key that the item may be referenced by (like a
help reference).

E despois de ter consultado os acordos das Trasnadas anteriores e de
consultar o DRAG, e se entendín ben a definición de arriba, creo que o
máis axeitado sería «clave de referencia».

Nun á parte, entre outras eivas o DRAG carece moitas veces de
acepcións aplicables á informática. Por exemplo agora estamos falando
de «key» como algo que serve para identificar unívocamente e/ou
recuperar elementos de algures (unha base de datos/matriz asociativa/o
que sexa), pero en ningunha das entradas de palabras que consideramos
para traducir (identificador, chave, clave) aparece ningunha acepción
semellante ao que acabo de describir. Temos que ser conscientes de que
moitas veces estamos introducindo neoloxismos no galego e que as
acepcións do DRAG non serven para englobar todo, senón que a veces hai
que introducir novas acepcións e/ou crear novas palabras para
introducir os novos termos. IMHO.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a