Boas:
Grazas Xosé, non me parara no detalle da orde.
De aquela tería estas opcións:
Referencia identificadora?
Referencia do identificador?
Referencia chave?
En canto a chave, non acabo de ver que ningún significado dos que
aparece no didionario para CHAVE acaia,
http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=chave
mentres que identificador, penso que si acae, porque polo que entendo,
KEY refírese a unha especie de código que identifica algo. Entendo que
pode ser como eses números que aparecen cando se produce un erro Ex.
"Erro 34342424234" este número entendo que é un identificador que serve
para levarnos á descrición do erro. Neste caso entendo que sería algo
similar(non sei se números ou secuencia de caracteres) que serven para
crear un URL que o servidor de axuda do Joomla! empregará para amosarnos
a sección que lle corresponde.
Polo que acabo de ver no open-tran "Primary key" está traducido como
"Chave primaria" aquí tampouco vexo o uso de chave co significado de
identificador.
En 16/05/2012 21:54, Xosé escribiu:
A única tradución correcta é a pt: reference é o núcleo e key é un
modificador. Key pode ser tamén "fundamental".
Xosé
Em 2012/05/16 19:14, "damufo" <[email protected]
<mailto:[email protected]>> escreveu:
Boas:
Atopeime coa cadea: Key Reference
Estas son as traducións doutros idiomas
key reference Clave de referencia (ES)
key reference Clé de référence (FR)
key reference Referência chave (PT)
Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai
pouco a definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que
lle acaia ningún dos significados.
Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o
significado de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é.
Pero que é? aquí hai unha explicación
http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
<http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676>
Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un
marcador, identificador que leva a un determinado lugar da axuda.
Penso que neste caso podería traducirse como:
Identificador de referencia
(que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente)
Algunha opinión?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected] <mailto:[email protected]>
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto