Boas,

estes días conxélase a tradución do editor/ide Geany. E andei onte e
máis hoxe completando, revisando e tal. Ben, pois hai un par de cadeas
que non entendo (ou "case" entendo). Non sei se as entendo, pero
puiden máis ou menos transliteralas, e intentar que tivesen sentido...
vaia, que para non aburrirvos máis, son as seguintes:

"Set the Build non-filetype working directories to use base path:"

"Set the working directories (on the Build tab) for the non-filetype
build commands to use the base path"

Tiven ademais certos problemas para compilar esta versión do programa,
así que non podo asegurar con certeza onde aparecen. Pero, pola miña
experiencia con cadeas similares no mesmo programa, ten toda a pinta
de que aparecerán nun diálogo tipo "preferencias", e de que a segunda
será un "tooltip" que aclarará o que quere dicir a primeira, que
seguramente leve un "checkbox". Que manda nabo que iso segundo sexa
unha explicación, pero vaia...

Resumindo: polo de agora, téñoas máis ou menos tal que así:

"Configurar que os directorios de traballo para construír os ficheiros
sen tipo de ficheiro definido usen o camiño base:" (a primeira), e

"Configurar que os directorios de traballo (no separador de
'construír') para as ordes de construír sen tipo de ficheiro definido
usen o camiño base" (a segunda)

Sei que apenas ten sentido... pero é que no orixinal tampouco lle vexo
moito que digamos. Védeslle vos algún sentido? Que supoñedes que pode
querer dicir? Eu entendo algo así:

Existe un camiño base, que se pode configurar non recordo onde. E
existen determinados tipos de ficheiro (.c, .php, .js...) que o editor
"comprende". Ben, pois este "setting" fai que o "directorio de
traballo" dos ficheiros que non "comprende" sexa o famoso camiño base
ese de marras. Debe ser isto, non?


Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". Aínda sen estar moi
convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecía que non
estabamos todos moi de acordo...

Veña, ata loguiño. Se tendes algunha opinión, adiante.


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a