2010/5/25 damufo <damufo en gmail.com>:
>
>
> En 2010/05/25 17:09, José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>>
>> 2010/5/25 Leandro Regueiro<leandro.regueiro en gmail.com>:
>>
>>>
>>> Sinceramente pregúntalle aos desenvolvedores. E se ves que tal
>>> pídelles que poñan comentarios para os tradutores e que se poden poñan
>>> frases máis fáciles de entender.
>>
>> Debo dicir que, despois de ler a explicación que escribín onte,
>> atópolle máis sentido á cousa. O de poñer o razoamento por escrito
>> axudoume bastante. Parece que manter a estrutura da frase inglesa na
>> cabeza e darlle voltas para poñela en cristiano resultaba demasiado
>> para a miña escasa cabeciña...
>>
>>>
>>>>> Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". Aínda sen estar moi
>>>>> convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecía que non
>>>>> estabamos todos moi de acordo...
>>>>
>>>> Creo que xa se pode considerar consensual, aínda que inestable.
>>>
>>> Eu sigo sen aceptar iso. Para min "ruta" e "camiño" son cousas
>>> diferentes.
>>
>> Eu tamén comparto o de "camiños hai moitos, ruta só unha". Se
>> queredes, pelexamos outro pouco. Aínda teño un par de días antes de
>> que se acabe o prazo...
>>
> Daquela os camiños que levan a Santiago serían "Ruta de Santiago"?

Case. Algúns camiños que levan a Santiago son "ruta xacobea" ;)

Eu entendo que a Santiago podes ir por autopista, pola n550, ou en
tren. Pero se decides ir dende Pontevedra a Santiago pola carretera
vella, a ruta que segues será:

Pontevedra/Caldas/Valga/Padrón/Milladoiro/Santiago

Esa é a ruta (neste caso). Pero claro, había outras. Se foras por
outro camiño, a ruta sería distinta.
Imaxinade (nun, seguramente infructuoso, intento pola miña parte de
facer un símil con isto) un programa que ao instalarse crea o ficheiro
/opt/programa/etc/programa.conf, e ademais fai unha ligazón simbólica
en /etc/programa/programa.conf. Hai dous camiños para editar o mesmo
ficheiro:

/opt/programa/etc/programa.conf
/etc/programa/programa.conf

Se lle dicimos a alguén "edita /etc/programa/programa.conf", estamos a
empregar a ruta "/etc/programa/programa.conf".

Nun sentido amplo e xeralista, supoño que podería dicir que "ruta é o
camiño que collemos". Sei que seguramente non é exacto, nin sequera ao
mellor é correcto... pero vaia, na miña imaxe mental hai unha
distinción que ven sendo máis ou menos esa.

Se cadra había que explorar outras palabras: itinerario(?), senda (que
creo que non é galega), vía, vieiro, eu que sei...


>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a