Home, a ver se por fin temos a tradución do Geany. Sobre a base do que ti interpretas, mellor que ninguén, propoño facer máis clara a tradución.
2010/5/25 José Manuel CastroagudÃn Silva <chavescesures en gmail.com> Boas, estes dÃas conxélase a tradución do editor/ide Geany. E andei onte e máis hoxe completando, revisando e tal. Ben, pois hai un par de cadeas que non entendo (ou "case" entendo). Non sei se as entendo, pero puiden máis ou menos transliteralas, e intentar que tivesen sentido... vaia, que para non aburrirvos máis, son as seguintes: "Set the Build non-filetype working directories to use base path:" Estabelecer que, os cartafoles de operacións para ficheiros non asociados, usen o camiño base: "Set the working directories (on the Build tab) for the non-filetype build commands to use the base path" Estabelecer que, dentro do separador ConstruÃr, os cartafoles de operacións para ordes sobre tipos de ficheiros non asociados a el, usen o camiño base Tiven ademais certos problemas para compilar esta versión do programa, asà que non podo asegurar con certeza onde aparecen. Pero, pola miña experiencia con cadeas similares no mesmo programa, ten toda a pinta de que aparecerán nun diálogo tipo "preferencias", e de que a segunda será un "tooltip" que aclarará o que quere dicir a primeira, que seguramente leve un "checkbox". Que manda nabo que iso segundo sexa unha explicación, pero vaia... Resumindo: polo de agora, téñoas máis ou menos tal que asÃ: "Configurar que os directorios de traballo para construÃr os ficheiros sen tipo de ficheiro definido usen o camiño base:" (a primeira), e "Configurar que os directorios de traballo (no separador de 'construÃr') para as ordes de construÃr sen tipo de ficheiro definido usen o camiño base" (a segunda) Sei que apenas ten sentido... pero é que no orixinal tampouco lle vexo moito que digamos. Védeslle vos algún sentido? Que supoñedes que pode querer dicir? Eu entendo algo asÃ: Existe un camiño base, que se pode configurar non recordo onde. E existen determinados tipos de ficheiro (.c, .php, .js...) que o editor "comprende". Ben, pois este "setting" fai que o "directorio de traballo" dos ficheiros que non "comprende" sexa o famoso camiño base ese de marras. Debe ser isto, non? Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". AÃnda sen estar moi convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecÃa que non estabamos todos moi de acordo... Creo que xa se pode considerar consensual, aÃnda que inestable. Veña, ata loguiño. Se tendes algunha opinión, adiante. -- Saúde, Chaves - http://chav.es _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto en trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto ------------ próxima parte ------------ Borrouse un anexo en formato HTML... URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100525/efdc6ed7/attachment.htm> ------------ próxima parte ------------ A non-text attachment was scrubbed... Name: signature.asc Type: application/pgp-signature Size: 563 bytes Desc: OpenPGP digital signature URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100525/efdc6ed7/attachment.pgp>

