Vexo que insistes en "A descargar"

lembroche o dito por Méixome noutro fío sobre a consulta túa de "A
actualizar":

Ambas formas son correctas pero se está a principio de frase ou onde só haxa
ese verbo, só sería correcto o uso do xerundio clásico: Actualizando

O uso do xerundio perifŕástico necesita sempre que haxa un verbo auxiliar :
ESTAR +A + actualizar. Daquela comezar unha frase "A actualizar fontes de
software" é incorrecto.



2010/7/23 Anxo Outeiral Vidal <bassball93 en gmail.com>

> Boas xa rematei coa tradución do Liferea e de seguido vou poñer frases ou
> palabras das que teño dúbidas.
>
> Estas dúbidas veñen debido a que nos recursos non veñen as definicións ou
> son confusas e non sei que opción escoller, polo que preciso a vosa axuda.
>
> *link cosmos* --> universo de ligazóns ?
>
> *Adds a new feed list source.* --> Engade unha nova fonte á lista de
> fontes.? (penso que xa está correcta, pero saber a vosa opinión)
>
> *Online/Offline Button*  -->  Botón de con conexión/sen conexión  ou Botón
> de conectar/desconectar ?
>
> Que fago co seguinte? teño que substituir *en* por *gl* ou dexalo como
> está? Porque supostamente son as páxinas de axuda,etc... :
>
>
>    1. topics_en.html
>    2. reference_en.html
>    3. faq_en.html
>    4. feedlist.opml
>
>
>
> Agora ben a "chicha" jeje.
>
> A palabra que non sei que tradución poñer é *enclosure*, xa que nos
> resursos non ven nada. Mirando outras traducións puiden ver que:
>
> En *castelán* a traducen como: *adxunto/os*
> En *portugués* e *portugués do Brasil *a traducen como: *compoñente/es *
> En *catalán* a traducen como: *adxunto/os*
>
> Traducir *enclosure* por *adxunto* non o vexo moi ben, xa que a palabra *
> Attachments* a teño traducida coma *adxuntos*.
>
> Agora poño todas as frases que conteñen *enclosure* e que nun principio as
> traducín coma compoñente:
>
>
> *\"%s\" is not a valid enclosure type config file!* --> «%s» non é un
> ficheiro válido de configuración de compoñentes!
>
> *Enclosure download FAILED: \"%s\"*  -->  Fallou a descarga do compoñente:
> «%s»
>
> *Enclosure download finished: \"%s\" * -->  Rematou a descarga do
> compoñente: «%s»
>
> *Open Enclosure...* --> Abrir compoñente...
>
> *<span weight=\"bold\">Downloading Enclosures</span>* --> <span
> weight=\"bold\">A descargar compoñentes</span>
> *
> <span weight=\"bold\">Opening Enclosures</span>* -->  <span
> weight=\"bold\">Abrindo compoñentes</span>
>
> *Downloading Enclosure *--> A descargar compoñente
>
> *Downloading an enclosure of type: * -->  A descargar un compoñente de
> tipo:
>
> *Enclosures*  -->  Compoñentes
>
> *What should Liferea do with this enclosure? Please enter the command you
> want to be executed below. Downloaded enclosures will be supplied as an
> argument for this command*:  --> Que debería facer Liferea con este
> compoñente? Por favor introduza abaixo o comando que desexa executar. Os
> compoñentes descargados serán empregados como argumento para esta orde:
>
> *_Automatically download all enclosures of this feed.*  -->  Descargar
> _automaticamente todos os compoñentes desta fonte.
>
> *_Do this automatically for enclosures like this from now on. * -->
> _Facer isto automaticamente para compoñentes coma este de agora en adiante.
>
> *_Pass URL and do not download enclosure.*  -->  _Pasar o URL e non
> descargar o compoñente.
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> --
> http://trasno.net/
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> http://www.jabberes.org/
>
> Un saúdo!
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100723/a5feaf6b/attachment-0001.htm>

Responderlle a