Nas semanas pasadas estiven revisando a tradución completa do Scribus (máis
de 6000 cadeas), que había varios anos que non tocaba. Foi todo un
exercicio de Tradución: non había apenas erros tipográficos pero tiven que
modificar moitas cadeas feitas por diferentes motivos. Nuns casos, foron os
numerosos acordos terminolóxicos aos que se chegou nestes anos, noutros
traducións que coa distancia aparecían forzados e para os que agora temos
traducións moito máis acaídas. Pero o cambio único que máis tempo me levou,
e con diferenza, foi o das maiúsculas. Lembrades aquela época na que os
termos importantes ían en maiúsculas (tipo o asunto desta mensaxe)? Pois
tiven que ir, un a un, pasándoos a minúsculas. Naquela altura, a decisión
tomáramola con certa prevención, mais aos poucos foron outros idiomas quen
nos foron seguindo e hoxe, asegúrovolo (6000+ cadeas) resulta anti-natural.
Ao que vou: os acordos terminolóxicos, ortográficos, estilísticos, etc. que
imos tomando van contribuíndo, paseniño, a crear un modelo de lingua máis
«aquelado» e que permite realizar traducións máis rapidamente e ofrecer un
produto final mellor.

Xosé
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a