Pois ía che responder que evidentemente se usaría primeiro ts2po e despois po2tmx (ambos do Translate Toolkit), pero polo visto o ts2po falla miserablemente así que o uso desta combinación quedou descartado. Despois probei a utilizar o OmegaT, pero tampouco conseguín nada. Finalmente tirei polo tikal de Okapi Framework (ou Okapi Apps, nunca me queda claro) http://okapi.opentag.com/
* Descarga de Okapi Apps (no meu caso última versión estable para GNU/Linux de 64 bits) * Descomprimir o arquivo no directorio okapi (tiven que crealo e podería chamarse de calquera outro xeito) situado no Escritorio * Tendo o ficheiro scribus.gl.ts no escritorio ábrese un terminal e execútanse: $ cd Escritorio/okapi/ $ ./tikal.sh -2tmx ../scribus.gl.ts -sl en -tl gl O resultado é o ficheiro scribus.gl.ts.tmx situado no mesmo directorio que o orixinal (no Escritorio). Deica 2012/6/20 Xosé <[email protected]>: > Envíoche o ficheiro de tradución do Scribus. Non sei como pasalo a tmx > porque é un ts (os ficheiros de tradución de QT). > > Xosé > > 2012/6/18 Leandro Regueiro <[email protected]> >> >> 2012/6/17 Xosé <[email protected]>: >> > Nas semanas pasadas estiven revisando a tradución completa do Scribus >> > (máis >> > de 6000 cadeas), que había varios anos que non tocaba. Foi todo un >> > exercicio >> > de Tradución: non había apenas erros tipográficos pero tiven que >> > modificar >> > moitas cadeas feitas por diferentes motivos. Nuns casos, foron os >> > numerosos >> > acordos terminolóxicos aos que se chegou nestes anos, noutros traducións >> > que >> > coa distancia aparecían forzados e para os que agora temos traducións >> > moito >> > máis acaídas. Pero o cambio único que máis tempo me levou, e con >> > diferenza, >> > foi o das maiúsculas. Lembrades aquela época na que os termos >> > importantes >> > ían en maiúsculas (tipo o asunto desta mensaxe)? Pois tiven que ir, un a >> > un, >> > pasándoos a minúsculas. Naquela altura, a decisión tomáramola con certa >> > prevención, mais aos poucos foron outros idiomas quen nos foron seguindo >> > e >> > hoxe, asegúrovolo (6000+ cadeas) resulta anti-natural. Ao que vou: os >> > acordos terminolóxicos, ortográficos, estilísticos, etc. que imos >> > tomando >> > van contribuíndo, paseniño, a crear un modelo de lingua máis «aquelado» >> > e >> > que permite realizar traducións máis rapidamente e ofrecer un produto >> > final >> > mellor. >> > >> > Xosé >> >> Cando remates poderías crear unha memoria de tradución en formato TMX >> para pendurar en http://www.trasno.net/trasno:memorias ? >> >> Deica >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

