2012/6/20 Leandro Regueiro <[email protected]>: > Pois ía che responder que evidentemente se usaría primeiro ts2po e > despois po2tmx (ambos do Translate Toolkit), pero polo visto o ts2po > falla miserablemente así que o uso desta combinación quedou > descartado. Despois probei a utilizar o OmegaT, pero tampouco > conseguín nada. Finalmente tirei polo tikal de Okapi Framework (ou > Okapi Apps, nunca me queda claro) http://okapi.opentag.com/ > > * Descarga de Okapi Apps (no meu caso última versión estable para > GNU/Linux de 64 bits) > * Descomprimir o arquivo no directorio okapi (tiven que crealo e > podería chamarse de calquera outro xeito) situado no Escritorio > * Tendo o ficheiro scribus.gl.ts no escritorio ábrese un terminal e > execútanse: > > $ cd Escritorio/okapi/ > $ ./tikal.sh -2tmx ../scribus.gl.ts -sl en -tl gl > > O resultado é o ficheiro scribus.gl.ts.tmx situado no mesmo directorio > que o orixinal (no Escritorio).
Esquecíaseme. Ao facer a conversión quéixase por varias entradas sen tradución. Instrucións de uso para usar Tikal para converter a TMX en http://okapi.opentag.com/help/applications/tikal/index.html#conv2tmx > Deica > > 2012/6/20 Xosé <[email protected]>: >> Envíoche o ficheiro de tradución do Scribus. Non sei como pasalo a tmx >> porque é un ts (os ficheiros de tradución de QT). >> >> Xosé >> >> 2012/6/18 Leandro Regueiro <[email protected]> >>> >>> 2012/6/17 Xosé <[email protected]>: >>> > Nas semanas pasadas estiven revisando a tradución completa do Scribus >>> > (máis >>> > de 6000 cadeas), que había varios anos que non tocaba. Foi todo un >>> > exercicio >>> > de Tradución: non había apenas erros tipográficos pero tiven que >>> > modificar >>> > moitas cadeas feitas por diferentes motivos. Nuns casos, foron os >>> > numerosos >>> > acordos terminolóxicos aos que se chegou nestes anos, noutros traducións >>> > que >>> > coa distancia aparecían forzados e para os que agora temos traducións >>> > moito >>> > máis acaídas. Pero o cambio único que máis tempo me levou, e con >>> > diferenza, >>> > foi o das maiúsculas. Lembrades aquela época na que os termos >>> > importantes >>> > ían en maiúsculas (tipo o asunto desta mensaxe)? Pois tiven que ir, un a >>> > un, >>> > pasándoos a minúsculas. Naquela altura, a decisión tomáramola con certa >>> > prevención, mais aos poucos foron outros idiomas quen nos foron seguindo >>> > e >>> > hoxe, asegúrovolo (6000+ cadeas) resulta anti-natural. Ao que vou: os >>> > acordos terminolóxicos, ortográficos, estilísticos, etc. que imos >>> > tomando >>> > van contribuíndo, paseniño, a crear un modelo de lingua máis «aquelado» >>> > e >>> > que permite realizar traducións máis rapidamente e ofrecer un produto >>> > final >>> > mellor. >>> > >>> > Xosé >>> >>> Cando remates poderías crear unha memoria de tradución en formato TMX >>> para pendurar en http://www.trasno.net/trasno:memorias ? >>> >>> Deica >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

