2012/6/20 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2012/6/20 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> Pois ía che responder que evidentemente se usaría primeiro ts2po e >> despois po2tmx (ambos do Translate Toolkit), pero polo visto o ts2po >> falla miserablemente así que o uso desta combinación quedou >> descartado. Despois probei a utilizar o OmegaT, pero tampouco >> conseguín nada. Finalmente tirei polo tikal de Okapi Framework (ou >> Okapi Apps, nunca me queda claro) http://okapi.opentag.com/ >> >> * Descarga de Okapi Apps (no meu caso última versión estable para >> GNU/Linux de 64 bits) >> * Descomprimir o arquivo no directorio okapi (tiven que crealo e >> podería chamarse de calquera outro xeito) situado no Escritorio >> * Tendo o ficheiro scribus.gl.ts no escritorio ábrese un terminal e >> execútanse: >> >> $ cd Escritorio/okapi/ >> $ ./tikal.sh -2tmx ../scribus.gl.ts -sl en -tl gl >> >> O resultado é o ficheiro scribus.gl.ts.tmx situado no mesmo directorio >> que o orixinal (no Escritorio). > > Esquecíaseme. Ao facer a conversión quéixase por varias entradas sen > tradución. Instrucións de uso para usar Tikal para converter a TMX en > http://okapi.opentag.com/help/applications/tikal/index.html#conv2tmx
Ah, e a memoria xa está publicada en http://www.trasno.net/trasno:memorias Moitas grazas Xosé >> Deica >> >> 2012/6/20 Xosé <[email protected]>: >>> Envíoche o ficheiro de tradución do Scribus. Non sei como pasalo a tmx >>> porque é un ts (os ficheiros de tradución de QT). >>> >>> Xosé >>> >>> 2012/6/18 Leandro Regueiro <[email protected]> >>>> >>>> 2012/6/17 Xosé <[email protected]>: >>>> > Nas semanas pasadas estiven revisando a tradución completa do Scribus >>>> > (máis >>>> > de 6000 cadeas), que había varios anos que non tocaba. Foi todo un >>>> > exercicio >>>> > de Tradución: non había apenas erros tipográficos pero tiven que >>>> > modificar >>>> > moitas cadeas feitas por diferentes motivos. Nuns casos, foron os >>>> > numerosos >>>> > acordos terminolóxicos aos que se chegou nestes anos, noutros traducións >>>> > que >>>> > coa distancia aparecían forzados e para os que agora temos traducións >>>> > moito >>>> > máis acaídas. Pero o cambio único que máis tempo me levou, e con >>>> > diferenza, >>>> > foi o das maiúsculas. Lembrades aquela época na que os termos >>>> > importantes >>>> > ían en maiúsculas (tipo o asunto desta mensaxe)? Pois tiven que ir, un a >>>> > un, >>>> > pasándoos a minúsculas. Naquela altura, a decisión tomáramola con certa >>>> > prevención, mais aos poucos foron outros idiomas quen nos foron seguindo >>>> > e >>>> > hoxe, asegúrovolo (6000+ cadeas) resulta anti-natural. Ao que vou: os >>>> > acordos terminolóxicos, ortográficos, estilísticos, etc. que imos >>>> > tomando >>>> > van contribuíndo, paseniño, a crear un modelo de lingua máis «aquelado» >>>> > e >>>> > que permite realizar traducións máis rapidamente e ofrecer un produto >>>> > final >>>> > mellor. >>>> > >>>> > Xosé >>>> >>>> Cando remates poderías crear unha memoria de tradución en formato TMX >>>> para pendurar en http://www.trasno.net/trasno:memorias ? >>>> >>>> Deica >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> [email protected] >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >>> _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

