Ola.

Se me confirmades a hora de traballo, a que vexades, porque non sei cal coller:

( a 20,8 € /hora cun límite de 4 horas/dia produtivas = 80 €/día por
tradutor = 10 €/hora laboral)

e se tamén me indicades un prezo por palabra, o que sexa, inclúe unha
media xa que hai palabras repetidas, outras que hai que modificar,
outras que son iguais, etc, ...

Eu tento darvos os datos do que custa máis ou menos cada nova versión
dos produtos de Mozilla, xa que vou anotando as horas de traballo
adicadas ao proxecto e contabilizando as cadeas e palabras novas,
modificadas e eliminadas en cada versión.

Con que datos o calculo, e vemos o que nos custa.

Saúdos.

2012/7/10 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> En conclusión ... sendo bos e xenerosos :-), falamos dunha valoración de
> 240.000€ e falando como eu mellor me entendo 40 millóns de pesetas :)
>
> sigamos, 240.000/12 (anos) = 20.000€/ano → 3.3333 millóns de pesetas/ano
>
>
> 2012/7/10 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> Cantas cadeas traducides por hora?
>>
>> Gustaríame facer un cálculo básico de horas de traballo sobre as
>> traducións.
>> Entendo que o mínimo é que cando un traduce, polo menos fai un repaso
>> antes de dalo por rematado, polo que o tempo de tradución tamén debe
>> recoller esa estimación.
>>
>> Por exemplo, ao traducir poñamos 500 cadeas, dedica, digamos 6 horas
>> na primeira tradución + 1 hora de revisión = 7 horas = 71 c/h
>>
>> Supoñamos agora que nunha memoria de tradución, das 500 cadeas, un 10%
>> son repetidas. Serían 450 cadeas únicas. Supoñerían 64 cadeas / hora o
>> rendemento intensivo dun tradutor. Habería que considerar ademais que
>> a tradución necesita un período de preparación de ficheiros e
>> ferramentas, consultas, comunicacións, documentación, descansos. E
>> tendo en conta unha dificultade media da tradución porque xa sabemos
>> que hai traducións que son coma montañas. Eu calculo que un 30% do
>> tempo se vai nestas tarefas (2 horas), é tempo que se debe sumar.
>>
>> Así que un proxecto de 500 cadeas (2800 palabras, cun promedio de 5.6
>> palabras / cadea)
>>
>> Supón 9 horas de traballo efectivo, a un máximo de 4 horas diarias,
>> son 2 días e medio de traballo.
>> Non creo que ninguén poida dedicarlle máis de 4 horas/día a traducir.
>> Supón 50 cadeas únicas por hora de traballo, que me parece un
>> rendemento bastante competente.
>>
>>
>> Que vos parece o cálculo?
>>
>> http://www.trasno.net/trasno%3Amemorias
>>
>> Supoñen 24.000 horas de traballo, 3000 días, 9 anos ( a 20,8 € /hora
>> cun límite de 4 horas/dia produtivas = 80 €/día por tradutor = 10
>> €/hora laboral)
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a