Cantas cadeas traducides por hora? Gustaríame facer un cálculo básico de horas de traballo sobre as traducións. Entendo que o mínimo é que cando un traduce, polo menos fai un repaso antes de dalo por rematado, polo que o tempo de tradución tamén debe recoller esa estimación.
Por exemplo, ao traducir poñamos 500 cadeas, dedica, digamos 6 horas na primeira tradución + 1 hora de revisión = 7 horas = 71 c/h Supoñamos agora que nunha memoria de tradución, das 500 cadeas, un 10% son repetidas. Serían 450 cadeas únicas. Supoñerían 64 cadeas / hora o rendemento intensivo dun tradutor. Habería que considerar ademais que a tradución necesita un período de preparación de ficheiros e ferramentas, consultas, comunicacións, documentación, descansos. E tendo en conta unha dificultade media da tradución porque xa sabemos que hai traducións que son coma montañas. Eu calculo que un 30% do tempo se vai nestas tarefas (2 horas), é tempo que se debe sumar. Así que un proxecto de 500 cadeas (2800 palabras, cun promedio de 5.6 palabras / cadea) Supón 9 horas de traballo efectivo, a un máximo de 4 horas diarias, son 2 días e medio de traballo. Non creo que ninguén poida dedicarlle máis de 4 horas/día a traducir. Supón 50 cadeas únicas por hora de traballo, que me parece un rendemento bastante competente. Que vos parece o cálculo? http://www.trasno.net/trasno%3Amemorias Supoñen 24.000 horas de traballo, 3000 días, 9 anos ( a 20,8 € /hora cun límite de 4 horas/dia produtivas = 80 €/día por tradutor = 10 €/hora laboral) _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

