2012/7/10 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> Recona! Hai pouco estaba eu a buscarme para ver como carallo escribir
> o espazo estreito duro U+202f en windows e atopei isto (*) que xusto
> trata unha cousa semellante:
> http://meteteme.blogspot.com.es/2012/02/molestias-y-remedios-de-no-cobrar-por.html
> http://meteteme.blogspot.com.es/2011/10/recuento-ponderado-wwc.html
>
> Nos meus bos tempos, a saber, cando non tiña fillos e a muller
> traballaba as fins de semana, podía facer 1K UT de GUI por día, sen
> revisar. Teño estimado que a duración da autorrevisión é de 1/6 do
> tempo da tradución.  Isto danos da orde de entre 83 e 125 UT por hora.
> Lembra que antes con kbabel e agora con lokalize, sempre tirei moito
> da memoria de tradución, e que en kde as labores "administrativas" son
> mínimas (non hai que preparar ficheiros, a ferramenta de tao recoñece
> ela só a estrutura dos directorios...
>
> Nunha das entradas citadas aventúrase un número: 2,5 K palabras /día

Moi boas esas referencias e estimacións. Pero a min fáiseme moito.

1000 cadeas por día * 5.6 = 5.600 palabras/día  e se lle metes
revisión 940 * 5.6 = 5264 ?

Iso non é demasiado?


Ese tradutor profesional calcula de modo máis complexo, e as 2500
palabras son realmente un promedio. Para el serían como 2374 cadeas
das nosas que lle saen en 6 días = 395 cadeas /día.

O ritmo parece ser exactamente o mesmo que o que valoramos aquí, eu
calculo 200 cadeas novas por día de traballo de 4 horas. Entendo que
el fai o cálculo con 8 horas de sentada. Isto é o que se me fai moito
porque non creo que se poida soster iso de media e eu falo de
promedio.

Por outro lado dis ti que en KDE apenas hai labores administrativas...
pero é certo que ti estás xa "integrado" no ecosistema KDE, xa contas
con que coñeces o contexto e supoño que manterte como membro da
comunidade, manterse atento aos ritmos de desenvolvemento, labores de
promoción, e tal tamén se deben valorar.

Aparece tamén outro dato nos comentarios: a tarifa de revisión adoita
ser o 30% da tarifa de tradución.

A ver se imos depurando o criterio de valoración, que creo que imos
bastante ben.






>
> Saúdos, Marce
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a