En conclusión ... sendo bos e xenerosos :-), falamos dunha valoración de 240.000€ e falando como eu mellor me entendo 40 millóns de pesetas :)
sigamos, 240.000/12 (anos) = 20.000€/ano → 3.3333 millóns de pesetas/ano 2012/7/10 Antón Méixome <[email protected]> > Cantas cadeas traducides por hora? > > Gustaríame facer un cálculo básico de horas de traballo sobre as > traducións. > Entendo que o mínimo é que cando un traduce, polo menos fai un repaso > antes de dalo por rematado, polo que o tempo de tradución tamén debe > recoller esa estimación. > > Por exemplo, ao traducir poñamos 500 cadeas, dedica, digamos 6 horas > na primeira tradución + 1 hora de revisión = 7 horas = 71 c/h > > Supoñamos agora que nunha memoria de tradución, das 500 cadeas, un 10% > son repetidas. Serían 450 cadeas únicas. Supoñerían 64 cadeas / hora o > rendemento intensivo dun tradutor. Habería que considerar ademais que > a tradución necesita un período de preparación de ficheiros e > ferramentas, consultas, comunicacións, documentación, descansos. E > tendo en conta unha dificultade media da tradución porque xa sabemos > que hai traducións que son coma montañas. Eu calculo que un 30% do > tempo se vai nestas tarefas (2 horas), é tempo que se debe sumar. > > Así que un proxecto de 500 cadeas (2800 palabras, cun promedio de 5.6 > palabras / cadea) > > Supón 9 horas de traballo efectivo, a un máximo de 4 horas diarias, > son 2 días e medio de traballo. > Non creo que ninguén poida dedicarlle máis de 4 horas/día a traducir. > Supón 50 cadeas únicas por hora de traballo, que me parece un > rendemento bastante competente. > > > Que vos parece o cálculo? > > http://www.trasno.net/trasno%3Amemorias > > Supoñen 24.000 horas de traballo, 3000 días, 9 anos ( a 20,8 € /hora > cun límite de 4 horas/dia produtivas = 80 €/día por tradutor = 10 > €/hora laboral) > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

