Ola Marcos - Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos (.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android - Manexo integramente con teclado - Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.) - Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación: ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total - Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido, canto falta) - Propagación de traducións a cadeas idénticas - Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local - Transifex ou outro) - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas). Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa. - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía - Exportación de corpus aliñado - Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas ferramentas como hunspell, languagetools, ...) - Estatísticas - Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa) - Controis de calidade (language tools) - Xestión das cabeceiras - Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non traducidas, con suxestións ou difusas) - Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...) - Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio consultable) - Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de cambios do odt. - Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida) - Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc)
- Multiplataforma e autocontido (para Windows) Por suposto, Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas) Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador) Actualización dunha determinada TMX automática e exportable. Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas) Consulta a servidor TBX remoto (Terminator) Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina) 2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <[email protected]>: > Ola a todos! > > Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos > se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator > dentro do Google Summer of Code deste verán. > > Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir > este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e > preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta. > > Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de > presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez > pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar > este é o momento de dicilo. > > Un saúdo, > Marcos Chavarría Teijeiro. > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

