En 11/06/2013 9:51, Miguel Branco escribiu:
2013/6/10 damufo <[email protected] <mailto:[email protected]>>
Boas
En 03/06/2013 20:34, Antón Méixome escribiu:
Ola Marcos
- Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos
formatos
(.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de
Android
- Manexo integramente con teclado
- Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml,
html, etc.)
- Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do
traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación:
ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por
tramos ? fusión dos parciais para obter a tradución total
- Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai
traducido, canto falta)
- Propagación de traducións a cadeas idénticas
- Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente
local -
Transifex ou outro)
- Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en
estatísticas).
Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución
previa.
- Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
- Exportación de corpus aliñado
- Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas
ferramentas como hunspell, languagetools, ...)
- Estatísticas
- Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa)
- Controis de calidade (language tools)
- Xestión das cabeceiras
- Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non
traducidas, con suxestións ou difusas)
- Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras
únicas con
ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...)
- Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un
repositorio consultable)
- Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con
control
de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de
terceiros). A importación da revisión fariase a partir do
control de
cambios do odt.
- Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de
longa vida)
Xestión de proxectos (para os que teñen múltiples ficheiros)
IMO, especialmente orientado para (ou asumbible para persoas que
traballan con) pequenos proxectos.
Non comprendo moi ben, refírome a algo como ten o Poedit, indicar un
cartafol onde están todos os po e que o aplicativo amose unha barra de
progreso, cadeas traducidas, pendentes...
- Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc)
- Multiplataforma e autocontido (para Windows)
Por suposto,
Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas)
Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador)
Actualización dunha determinada TMX automática e exportable.
Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas)
Consulta a servidor TBX remoto (Terminator)
Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á
máquina)
2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <[email protected]
<mailto:[email protected]>>:
Ola a todos!
Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos
se me podíades orientar con posibles melloras para o
Gtranslator
dentro do Google Summer of Code deste verán.
Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e
reescribir
este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos
axuda e
preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta
perfecta.
Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica
como de
presencia de determinadas caracteristicas. Así que se
algunha vez
pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e
poder voar
este é o momento de dicilo.
Un saúdo,
Marcos Chavarría Teijeiro.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected] <mailto:[email protected]>
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected] <mailto:[email protected]>
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected] <mailto:[email protected]>
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto