Ola, O da configuración a varios niveis sería por exemplo no que dices ti de ter a posibilidade de ter un esquema de posicionamento dos paneis por defecto, un configurable de forma opcional a nivel de aplicativo, outro opcional para cada perfil e outro tamén opcional para cada proxecto. De forma que se ti non defines nada, terías o esquema por defecto; no caso de definir un proxecto terías esa configuración para ese proxecto e se non defines nada a nivel de proxecto terías a configuración a nivel de perfil ou a nivel de aplicativo...
Non sei se se entende... Por poñer un exemplo o IDE Eclipse fai algo parecido. Un saúdo. 2013/6/17 mvillarino <[email protected]> > @ Leandro: varias destas cousas aparecen nun libro do que perdín a > referencia. Tal vez poidas facer algo ao respecto (refrescar a > memoria, que se lle dicía) > > > * Unificar as "axudas" a tradución nunha soa lista, isto é, que tanto os > > resultados das > > memorias de tradución locales e remotas como as buscas de > elementos > > semellantes > > no propio documento como os resultados das traducións automaticas > > aparezan na > > mesma lista coa posibilidade de priorizar unhas fontes sobre > outras. > > Caralludo! > A presentación predeterminada pode ser: > Autotradución > TM locais > TM remotas > MT > (Se hai un limiar de semellanza, cada TM debe estar á súa vez filtrada) > > * Unha interface gráfica mais tipo Virtaal onde as casillas de edición > > están na propia lista de > > cadeas e non aparte. Ademais penso que sería boa idea incluir nesa > > casilla de edición o > > contexto e non como un widget aparte. > > Que o contexto vaia sempre á vista véxoo ben. > O de facer que o formulario de edición sexa parte integral da lista de > unidades de tradución a min persoalmente (insisto: persoalmente) non > me gusta, pero como vexas. > > > * Configuracións a varios niveis (plugin, perfil e proxecto). A > > posibilidade de ter un parametro > > de configuración especifico para un determinado proxecto ou > perfil. > > Non o entendo ben. > > Unha cousa que sería interesante: Poder definir disposicións dos > paneis (como se lle chame a un docker en gtk), e establecer unha como > predeterminada do proxecto. > > Caso de uso: (pensar en termos de Lokalize) > - Uso un proxecto para traducir, coa miña identidade como tradutor. > - Para meter as traducións uso outro proxecto, coa miña identidade > como revisor/validador (@adrián: os detalles nunha mensaxe pasada á > lista de kde-l10n-doc). Neste proxecto filtro para ver só os ficheiros > con nome ( po$) (rematados en po), e teño definido para sincronización > secundaria a copia local do repositorio. > > Cando traduzo uso os paneis de contexto, unidade de tradución, listaxe > de unidades de tradución, glosario e memoria de tradución. > Ocasionalmente algún de sincronización. > Cando reviso vexo a lista de ut, a ut e o seu contexto, o glosario e o > panel de sincronización secundaria. Poño (se poido) case todo en > coluna, menos a lista de ut e o glosario, que van a un lado. > > E cada vez que abro, pois teño que redistribuir. > > Deica > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

