Ola. Grazas a todos polas vosas achegas e en especial a Antón Meixome que, de todos os sitios onde preguntei, foi moi de lonxe o que máis contribuiu :D. Mil grazas!!
Por outro lado hai algunhas cousas que non termino de entender: - Estatísticas Refireste a numero de palabras / frases traducidas no ficheiro/proxecto? - Xestión das cabeceiras Supoño que te refieres as cabeceiras dos documentos .po por exemplo pero que pensas que se debe xestionar aí. Tradución automática Refireste a empregar unha ferramenta externa tipo Google Translator ou a que? - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas). > Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa. > - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía Non teño moi claro como facer iso :S... Unha vez que se traduce unha frase o programa podería interntar detectar mediante un glosario auxiliar cal é a tradución de cada termo dunha frase e revisar se é o que se esta a usar no resto do ficheiro/proxecto lanzando un aviso en caso contrario. Sería algo así? Un saúdo, Marcos Chavarría Teijeiro. PD: Teño unha wiki do proxecto en Gnome Live onde resumín todas as ideas que foron xurdindo, se se vos ocorre algunha que non este aí enviádeme un email ou respondede a este correo. 2013/6/4 Enrique Estévez Fernández <[email protected]> > Ola. > > Con respecto aos formatos, eu diría que soporte todos os do > translate-toolkit, que o leve integrado e que sexa transparente para o > usuario. Pero que un usuario avanzado poida saber o que se está facendo e > configuralo a súa maneira. > > Penso que a maior parte das cousas xa as comentou Méixome. > > Saúdos. > > > 2013/6/3 Miguel Bouzada <[email protected]> > >> >> >> 2013/6/3 Antón Méixome <[email protected]> >> >>> Ola Marcos >>> >>> - Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos >>> (.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android >>> >> >> Engadiría... Docbook e asciidoc >> >> >>> - Manexo integramente con teclado >>> - Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.) >>> - Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do >>> traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación: >>> ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por >>> tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total >>> - Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido, >>> canto falta) >>> - Propagación de traducións a cadeas idénticas >>> - Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local - >>> Transifex ou outro) >>> - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas). >>> Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa. >>> - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía >>> - Exportación de corpus aliñado >>> - Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas >>> ferramentas como hunspell, languagetools, ...) >>> - Estatísticas >>> - Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa) >>> - Controis de calidade (language tools) >>> - Xestión das cabeceiras >>> - Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non >>> traducidas, con suxestións ou difusas) >>> - Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con >>> ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...) >>> - Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio >>> consultable) >>> - Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control >>> de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de >>> terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de >>> cambios do odt. >>> - Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida) >>> - Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc) >>> >>> - Multiplataforma e autocontido (para Windows) >>> >>> Por suposto, >>> >>> Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas) >>> Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador) >>> Actualización dunha determinada TMX automática e exportable. >>> Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas) >>> Consulta a servidor TBX remoto (Terminator) >>> Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina) >>> >>> >>> 2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <[email protected]>: >>> > Ola a todos! >>> > >>> > Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos >>> > se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator >>> > dentro do Google Summer of Code deste verán. >>> > >>> > Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir >>> > este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e >>> > preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta. >>> > >>> > Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de >>> > presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez >>> > pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar >>> > este é o momento de dicilo. >>> > >>> > Un saúdo, >>> > Marcos Chavarría Teijeiro. >>> > >>> > _______________________________________________ >>> > Proxecto mailing list >>> > [email protected] >>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> > >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >> >> >> >> -- >> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org >> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» >> http://galpon.org >> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net >> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

