2013/6/3 Antón Méixome <[email protected]> > Ola Marcos > > - Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos > (.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android >
Engadiría... Docbook e asciidoc > - Manexo integramente con teclado > - Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.) > - Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do > traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación: > ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por > tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total > - Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido, canto > falta) > - Propagación de traducións a cadeas idénticas > - Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local - > Transifex ou outro) > - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas). > Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa. > - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía > - Exportación de corpus aliñado > - Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas > ferramentas como hunspell, languagetools, ...) > - Estatísticas > - Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa) > - Controis de calidade (language tools) > - Xestión das cabeceiras > - Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non > traducidas, con suxestións ou difusas) > - Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con > ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...) > - Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio > consultable) > - Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control > de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de > terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de > cambios do odt. > - Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida) > - Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc) > > - Multiplataforma e autocontido (para Windows) > > Por suposto, > > Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas) > Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador) > Actualización dunha determinada TMX automática e exportable. > Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas) > Consulta a servidor TBX remoto (Terminator) > Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina) > > > 2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <[email protected]>: > > Ola a todos! > > > > Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos > > se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator > > dentro do Google Summer of Code deste verán. > > > > Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir > > este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e > > preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta. > > > > Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de > > presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez > > pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar > > este é o momento de dicilo. > > > > Un saúdo, > > Marcos Chavarría Teijeiro. > > > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > [email protected] > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

