Ola. Con respecto aos formatos, eu diría que soporte todos os do translate-toolkit, que o leve integrado e que sexa transparente para o usuario. Pero que un usuario avanzado poida saber o que se está facendo e configuralo a súa maneira.
Penso que a maior parte das cousas xa as comentou Méixome. Saúdos. 2013/6/3 Miguel Bouzada <[email protected]> > > > 2013/6/3 Antón Méixome <[email protected]> > >> Ola Marcos >> >> - Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos >> (.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android >> > > Engadiría... Docbook e asciidoc > > >> - Manexo integramente con teclado >> - Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.) >> - Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do >> traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación: >> ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por >> tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total >> - Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido, canto >> falta) >> - Propagación de traducións a cadeas idénticas >> - Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local - >> Transifex ou outro) >> - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas). >> Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa. >> - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía >> - Exportación de corpus aliñado >> - Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas >> ferramentas como hunspell, languagetools, ...) >> - Estatísticas >> - Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa) >> - Controis de calidade (language tools) >> - Xestión das cabeceiras >> - Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non >> traducidas, con suxestións ou difusas) >> - Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con >> ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...) >> - Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio >> consultable) >> - Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control >> de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de >> terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de >> cambios do odt. >> - Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida) >> - Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc) >> >> - Multiplataforma e autocontido (para Windows) >> >> Por suposto, >> >> Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas) >> Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador) >> Actualización dunha determinada TMX automática e exportable. >> Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas) >> Consulta a servidor TBX remoto (Terminator) >> Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina) >> >> >> 2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <[email protected]>: >> > Ola a todos! >> > >> > Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos >> > se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator >> > dentro do Google Summer of Code deste verán. >> > >> > Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir >> > este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e >> > preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta. >> > >> > Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de >> > presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez >> > pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar >> > este é o momento de dicilo. >> > >> > Un saúdo, >> > Marcos Chavarría Teijeiro. >> > >> > _______________________________________________ >> > Proxecto mailing list >> > [email protected] >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > > > > -- > Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

