En 17/06/13 11:32, Marcos Chavarría Teijeiro escribiu:
Ola,Coméntovos varias cousas se se me están ocurrindo a ver que vos parecen: * Unificar as "axudas" a tradución nunha soa lista, isto é, que tanto os resultados das memorias de tradución locales e remotas como as buscas de elementos semellantes no propio documento como os resultados das traducións automaticas aparezan na mesma lista coa posibilidade de priorizar unhas fontes sobre outras. * Unha interface gráfica mais tipo Virtaal onde as casillas de edición están na propia lista de cadeas e non aparte. Ademais penso que sería boa idea incluir nesa casilla de edición o contexto e non como un widget aparte. * Configuracións a varios niveis (plugin, perfil e proxecto). A posibilidade de ter un parametro de configuración especifico para un determinado proxecto ou perfil.
Se fas todo iso (varias memorias de tradución, locales e remotas e interface Virtaal-like), fágoche un monumento e algunhas canhas tamén caerán!
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

