Boas! Estou a traducir a interface do programa QGIS <http://www.qgis.org/> ó galego. É algo que fago ós poucos de forma 'artesanal'. Participei (o ano pasado) de 'oínte' na Trasnada celebrada en Compostela e alí, algún de vós, amosástesme algunha das ferramentas coas que traballades e que me pareceron moi útiles (memorias de tradución, glosarios de terminoloxía, validacións automáticas...). O proxecto emprega ficheiros .ts<http://hub.qgis.org/projects/quantum-gis/repository/revisions/master/changes/i18n/qgis_gl.ts>e utilizo QtLinguist para traducilos. O programa é visualmente atractivo pero carece destas funcionalidades que, coido, son necesarias para darlle maior rigor e profesionalidade á tradución. É por isto polo que vos pido un pequeno empuxón para atopar un aplicativo que xunte estas características e que poida traballar con ficheiros .ts (directamente ou a través dalgunha conversión). Agradézovolo de antemán. Un saúdo.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

