2014-02-03 23:50 GMT+01:00 Xan Vieiro <[email protected]>: > Boas! > > Estes días ando probando, tanto o Virtaal como o Lokalize. Para alguén > acostumado ó Linguist o Lokalize resulta moi semellante. Non obstante nunha > segunda revisión o Virtaal é 'comodo' para realiza-la tradución. Sen > pretender facer unha comparativa pormenorizada expoño aquí algunhas > características deles. > > LOKALIZE - Interesante o feito de poder preenche-las cadeas, claro que hai > que ter unhas memorias de tradución e/ou glosario. Foi confusa a xestión das > memorias de tradución (.tmx) e totalmente imposible engadi-lo glosario das > trasnadas (.tbx)
Non vou entrar no tema porque hai xente con máis experiencia no seu uso. Só dicir que: * Eu tamén tiven problemas co das memorias de tradución no Lokalize (a base de intentalo unha e outra vez si que o conseguín), * É o único programa de tradución que está integrado co Pology (unha gran ferramenta para realizar revisións automáticas). > VIRTAAL - A pesares da interface, ten outras cualidades interesantes. > Traballa moi ben cos atallos de teclado e ten gran cantidade de parámetros > de control de calidade. Resultome un tanto confusa a xestión dos TMX e TBX. Respecto do Virtaal: * Si, Virtaal está pensado para empregalo usando o teclado, xa que é máis rápido. * A xestión de TBX non é confusa se sabes onde engadilos ficheiros: # Vai ao menú Editar->Ficheiros de terminoloxía # Engade os ficheiros TBX que che interesen # NOTA: O de "Estendíbel" significa que cando engades a man un novo termo se engade a eses ficheiros de terminoloxía. Se non vas estar engadindo terminoloxía a man desactívao en todos os TBX que teñas aí. * O da memoria de tradución en Virtaal é un fallo respecto da usabilidade (segundo se mire). Para engadir traducións á memoria de tradución local de Virtaal faise o seguinte (fácil, pero pouco "intuitivo" e non "escalable"): # Abres algún ficheiro que queiras importar (TMX, PO, TS, o que sexa que Virtaal poida traducir) # Vas a unha cadea aleatoria (a primeira vale) e engades algo á tradución (para que Virtaal detecte que o ficheiro ten cambios) # Desfas o cambio que fixeches # Gardas o ficheiro (xa sei que agora non ten cambios). Ao gardar calquera ficheiro de tradución Virtaal garda automaticamente todas as traducións dese ficheiro na súa memoria de tradución local. # NOTA: Xa que Virtaal garda as tradución na memoria de tradución local cada vez que gardas o ficheiro recoméndoche que o gardes moi a miúdo, e así terás as traducións anteriores á túa disposición en caso de que haxa cadeas semellantes máis adiante. * Ademais da memoria de tradución local Virtaal tamén presenta resultados de servidores remotos, por exemplo de amaGama. > Seguirei probando a ver cal resulta máis apropiado e ireivos preguntando > máis detalles (moi interesante o de poder ve-las pantallas que comentou > Miguel Bouzada) Deica > Saúdos > > > 2014-02-03 Leandro Regueiro <[email protected]>: > >> 2014-01-31 9:13 GMT+01:00 Miguel Bouzada <[email protected]>: >> > Eu, que manteño varios proxectos/traducións en .ts, emprego o seguinte >> > procedemento: >> > >> > Fago unha primeira tradución co Virtaal. >> > >> > Aproveitando que QT 4 Linguist permite ver as pantalla da interface >> > (sempre >> > que teñas «todo» o proxecto en local e traballes no seu propio cartafol >> > de >> > traducións - normalmente ../data/i18n-) reviso toda a tradución >> > fixándome >> > especialmente nos atallos de teclado (as «Hot Keys» marcadas co «&») a >> > fin >> > de evitar erros de repetición. >> > >> > Feitas as correccións oportunas volvo a abrir o ficheiro .ts co Virtaal, >> > fago un amago de corrección (algo como engadir un espazo na fin da >> > primeira >> > cadea e volver eliminalo) e gardo a tradución. >> > >> > Posteriormente converto o .ts a .po (podes facelo, como comenta Xosé, co >> > Qt >> > 4 Linguist) para a partires del facer a memoria TMX >> > (http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx) que despois lle paso >> > a >> > @Leandro para que a inclúa na páxina de Trasno >> > (http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/) >> >> Ola, >> >> Alégrome de saber que segues traducindo e de que acudas a nós para ver >> de facer máis levadeiro o teu labor de tradutor voluntario. Espero que >> che sexamos de algunha axuda. >> >> Ía indicarche que empregues o Virtaal, pero mellor segue os consellos >> da xente que si que traduciu algún TS :) >> >> Ah, e o Virtaal non é arisco, é diferente. A pesar da interface >> "austera" é un dos mellores programas de tradución que coñezo. Unha >> das súas grandes vantaxes (ademais de todas esas axudas que buscabas) >> é que dispón dun titorial que che aprende a traducir traducindo. >> >> Deica >> >> > 2014-01-31 Xosé <[email protected]>: >> > >> >> Eu cos .ts o que fago é abrilos co Linguist, gardalos como .po, >> >> traducilos >> >> co Localize e, finalmente, abrilos de novo co Linguist e gardalos como >> >> .ts. >> >> >> >> Xosé >> >> >> >> On Jan 31, 2014 1:12 AM, "Xan Vieiro" <[email protected]> wrote: >> >>> >> >>> Graciñas Enrique! >> >>> >> >>> O primeiro paso está dado. Teño instalado o Virtaal e o Lokalize. >> >>> ¿Algún >> >>> consello sobre os aplicativos? >> >>> Nunha primeira ollada Virtaal semella un tanto arisco. >> >>> >> >>> Saúdos. >> >>> >> >>> >> >>> 2014-01-30 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: >> >>>> >> >>>> Ola Xan. >> >>>> >> >>>> Nesta páxina de Trasno hai unha guía para converter ficheiros de >> >>>> varios >> >>>> formatos a po e viceversa. >> >>>> >> >>>> >> >>>> >> >>>> http://wiki.trasno.net/Converter_traduci%C3%B3ns_preexistentes_desde_diversos_formatos_a_.po#Conversi.C3.B3n_de_traduci.C3.B3ns_preexistentes_en_formato_TS_.28Qt_Linguist.29_a_PO >> >>>> >> >>>> Semella que aquí tes o que precisas, para despois traballar con >> >>>> aplicativos que xestionan os .po e teñen recursos como tmx, tbx, >> >>>> corrector >> >>>> ortográfico, etc... >> >>>> >> >>>> Saúdos. >> >>>> >> >>>> >> >>>> 2014-01-30 Xan Vieiro <[email protected]> >> >>>>> >> >>>>> Boas! >> >>>>> Estou a traducir a interface do programa QGIS ó galego. É algo que >> >>>>> fago >> >>>>> ós poucos de forma 'artesanal'. Participei (o ano pasado) de 'oínte' >> >>>>> na >> >>>>> Trasnada celebrada en Compostela e alí, algún de vós, amosástesme >> >>>>> algunha >> >>>>> das ferramentas coas que traballades e que me pareceron moi útiles >> >>>>> (memorias >> >>>>> de tradución, glosarios de terminoloxía, validacións >> >>>>> automáticas...). O >> >>>>> proxecto emprega ficheiros .ts e utilizo QtLinguist para traducilos. >> >>>>> O >> >>>>> programa é visualmente atractivo pero carece destas funcionalidades >> >>>>> que, >> >>>>> coido, son necesarias para darlle maior rigor e profesionalidade á >> >>>>> tradución. É por isto polo que vos pido un pequeno empuxón para >> >>>>> atopar un >> >>>>> aplicativo que xunte estas características e que poida traballar con >> >>>>> ficheiros .ts (directamente ou a través dalgunha conversión). >> >>>>> Agradézovolo de antemán. >> >>>>> Un saúdo. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

