Ola Xan.

Nesta páxina de Trasno hai unha guía para converter ficheiros de varios
formatos a po e viceversa.

http://wiki.trasno.net/Converter_traduci%C3%B3ns_preexistentes_desde_diversos_formatos_a_.po#Conversi.C3.B3n_de_traduci.C3.B3ns_preexistentes_en_formato_TS_.28Qt_Linguist.29_a_PO

Semella que aquí tes o que precisas, para despois traballar con aplicativos
que xestionan os .po e teñen recursos como tmx, tbx, corrector ortográfico,
etc...

Saúdos.


2014-01-30 Xan Vieiro <gallaec...@gmail.com>

> Boas!
> Estou a traducir a interface do programa QGIS <http://www.qgis.org/> ó
> galego. É algo que fago ós poucos de forma 'artesanal'. Participei (o ano
> pasado) de 'oínte' na Trasnada celebrada en Compostela e alí, algún de vós,
> amosástesme algunha das ferramentas coas que traballades e que me pareceron
> moi útiles (memorias de tradución, glosarios de terminoloxía, validacións
> automáticas...). O proxecto emprega ficheiros 
> .ts<http://hub.qgis.org/projects/quantum-gis/repository/revisions/master/changes/i18n/qgis_gl.ts>e
>  utilizo QtLinguist para traducilos. O programa é visualmente atractivo
> pero carece destas funcionalidades que, coido, son necesarias para darlle
> maior rigor e profesionalidade á tradución. É por isto polo que vos pido un
> pequeno empuxón para atopar un aplicativo que xunte estas características e
> que poida traballar con ficheiros .ts (directamente ou a través dalgunha
> conversión).
> Agradézovolo de antemán.
> Un saúdo.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a