Boas! Estes días ando probando, tanto o Virtaal como o Lokalize. Para alguén acostumado ó Linguist o Lokalize resulta moi semellante. Non obstante nunha segunda revisión o Virtaal é 'comodo' para realiza-la tradución. Sen pretender facer unha comparativa pormenorizada expoño aquí algunhas características deles.
LOKALIZE - Interesante o feito de poder preenche-las cadeas, claro que hai que ter unhas memorias de tradución e/ou glosario. Foi confusa a xestión das memorias de tradución (.tmx) e totalmente imposible engadi-lo glosario das trasnadas (.tbx) VIRTAAL - A pesares da interface, ten outras cualidades interesantes. Traballa moi ben cos atallos de teclado e ten gran cantidade de parámetros de control de calidade. Resultome un tanto confusa a xestión dos TMX e TBX. Seguirei probando a ver cal resulta máis apropiado e ireivos preguntando máis detalles (moi interesante o de poder ve-las pantallas que comentou Miguel Bouzada) Saúdos 2014-02-03 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2014-01-31 9:13 GMT+01:00 Miguel Bouzada <[email protected]>: > > Eu, que manteño varios proxectos/traducións en .ts, emprego o seguinte > > procedemento: > > > > Fago unha primeira tradución co Virtaal. > > > > Aproveitando que QT 4 Linguist permite ver as pantalla da interface > (sempre > > que teñas «todo» o proxecto en local e traballes no seu propio cartafol > de > > traducións - normalmente ../data/i18n-) reviso toda a tradución fixándome > > especialmente nos atallos de teclado (as «Hot Keys» marcadas co «&») a > fin > > de evitar erros de repetición. > > > > Feitas as correccións oportunas volvo a abrir o ficheiro .ts co Virtaal, > > fago un amago de corrección (algo como engadir un espazo na fin da > primeira > > cadea e volver eliminalo) e gardo a tradución. > > > > Posteriormente converto o .ts a .po (podes facelo, como comenta Xosé, co > Qt > > 4 Linguist) para a partires del facer a memoria TMX > > (http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx) que despois lle > paso a > > @Leandro para que a inclúa na páxina de Trasno > > (http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/) > > Ola, > > Alégrome de saber que segues traducindo e de que acudas a nós para ver > de facer máis levadeiro o teu labor de tradutor voluntario. Espero que > che sexamos de algunha axuda. > > Ía indicarche que empregues o Virtaal, pero mellor segue os consellos > da xente que si que traduciu algún TS :) > > Ah, e o Virtaal non é arisco, é diferente. A pesar da interface > "austera" é un dos mellores programas de tradución que coñezo. Unha > das súas grandes vantaxes (ademais de todas esas axudas que buscabas) > é que dispón dun titorial que che aprende a traducir traducindo. > > Deica > > > 2014-01-31 Xosé <[email protected]>: > > > >> Eu cos .ts o que fago é abrilos co Linguist, gardalos como .po, > traducilos > >> co Localize e, finalmente, abrilos de novo co Linguist e gardalos como > .ts. > >> > >> Xosé > >> > >> On Jan 31, 2014 1:12 AM, "Xan Vieiro" <[email protected]> wrote: > >>> > >>> Graciñas Enrique! > >>> > >>> O primeiro paso está dado. Teño instalado o Virtaal e o Lokalize. > ¿Algún > >>> consello sobre os aplicativos? > >>> Nunha primeira ollada Virtaal semella un tanto arisco. > >>> > >>> Saúdos. > >>> > >>> > >>> 2014-01-30 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: > >>>> > >>>> Ola Xan. > >>>> > >>>> Nesta páxina de Trasno hai unha guía para converter ficheiros de > varios > >>>> formatos a po e viceversa. > >>>> > >>>> > >>>> > http://wiki.trasno.net/Converter_traduci%C3%B3ns_preexistentes_desde_diversos_formatos_a_.po#Conversi.C3.B3n_de_traduci.C3.B3ns_preexistentes_en_formato_TS_.28Qt_Linguist.29_a_PO > >>>> > >>>> Semella que aquí tes o que precisas, para despois traballar con > >>>> aplicativos que xestionan os .po e teñen recursos como tmx, tbx, > corrector > >>>> ortográfico, etc... > >>>> > >>>> Saúdos. > >>>> > >>>> > >>>> 2014-01-30 Xan Vieiro <[email protected]> > >>>>> > >>>>> Boas! > >>>>> Estou a traducir a interface do programa QGIS ó galego. É algo que > fago > >>>>> ós poucos de forma 'artesanal'. Participei (o ano pasado) de 'oínte' > na > >>>>> Trasnada celebrada en Compostela e alí, algún de vós, amosástesme > algunha > >>>>> das ferramentas coas que traballades e que me pareceron moi útiles > (memorias > >>>>> de tradución, glosarios de terminoloxía, validacións > automáticas...). O > >>>>> proxecto emprega ficheiros .ts e utilizo QtLinguist para traducilos. > O > >>>>> programa é visualmente atractivo pero carece destas funcionalidades > que, > >>>>> coido, son necesarias para darlle maior rigor e profesionalidade á > >>>>> tradución. É por isto polo que vos pido un pequeno empuxón para > atopar un > >>>>> aplicativo que xunte estas características e que poida traballar con > >>>>> ficheiros .ts (directamente ou a través dalgunha conversión). > >>>>> Agradézovolo de antemán. > >>>>> Un saúdo. > >>>>> > >>>>> _______________________________________________ > >>>>> Proxecto mailing list > >>>>> [email protected] > >>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >>>>> > >>>> > >>>> > >>>> _______________________________________________ > >>>> Proxecto mailing list > >>>> [email protected] > >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >>>> > >>> > >>> > >>> _______________________________________________ > >>> Proxecto mailing list > >>> [email protected] > >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >>> > >> > >> _______________________________________________ > >> Proxecto mailing list > >> [email protected] > >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >> > > > > > > > > -- > > Membro de «The Document Foundation Projects» > > http://www.documentfoundation.org/foundation/members > > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > > http://galpon.org > > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > [email protected] > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

