2014-01-31 9:13 GMT+01:00 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Eu, que manteño varios proxectos/traducións en .ts, emprego o seguinte > procedemento: > > Fago unha primeira tradución co Virtaal. > > Aproveitando que QT 4 Linguist permite ver as pantalla da interface (sempre > que teñas «todo» o proxecto en local e traballes no seu propio cartafol de > traducións - normalmente ../data/i18n-) reviso toda a tradución fixándome > especialmente nos atallos de teclado (as «Hot Keys» marcadas co «&») a fin > de evitar erros de repetición. > > Feitas as correccións oportunas volvo a abrir o ficheiro .ts co Virtaal, > fago un amago de corrección (algo como engadir un espazo na fin da primeira > cadea e volver eliminalo) e gardo a tradución. > > Posteriormente converto o .ts a .po (podes facelo, como comenta Xosé, co Qt > 4 Linguist) para a partires del facer a memoria TMX > (http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx) que despois lle paso a > @Leandro para que a inclúa na páxina de Trasno > (http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/)
Ola, Alégrome de saber que segues traducindo e de que acudas a nós para ver de facer máis levadeiro o teu labor de tradutor voluntario. Espero que che sexamos de algunha axuda. Ía indicarche que empregues o Virtaal, pero mellor segue os consellos da xente que si que traduciu algún TS :) Ah, e o Virtaal non é arisco, é diferente. A pesar da interface "austera" é un dos mellores programas de tradución que coñezo. Unha das súas grandes vantaxes (ademais de todas esas axudas que buscabas) é que dispón dun titorial que che aprende a traducir traducindo. Deica > 2014-01-31 Xosé <[email protected]>: > >> Eu cos .ts o que fago é abrilos co Linguist, gardalos como .po, traducilos >> co Localize e, finalmente, abrilos de novo co Linguist e gardalos como .ts. >> >> Xosé >> >> On Jan 31, 2014 1:12 AM, "Xan Vieiro" <[email protected]> wrote: >>> >>> Graciñas Enrique! >>> >>> O primeiro paso está dado. Teño instalado o Virtaal e o Lokalize. ¿Algún >>> consello sobre os aplicativos? >>> Nunha primeira ollada Virtaal semella un tanto arisco. >>> >>> Saúdos. >>> >>> >>> 2014-01-30 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: >>>> >>>> Ola Xan. >>>> >>>> Nesta páxina de Trasno hai unha guía para converter ficheiros de varios >>>> formatos a po e viceversa. >>>> >>>> >>>> http://wiki.trasno.net/Converter_traduci%C3%B3ns_preexistentes_desde_diversos_formatos_a_.po#Conversi.C3.B3n_de_traduci.C3.B3ns_preexistentes_en_formato_TS_.28Qt_Linguist.29_a_PO >>>> >>>> Semella que aquí tes o que precisas, para despois traballar con >>>> aplicativos que xestionan os .po e teñen recursos como tmx, tbx, corrector >>>> ortográfico, etc... >>>> >>>> Saúdos. >>>> >>>> >>>> 2014-01-30 Xan Vieiro <[email protected]> >>>>> >>>>> Boas! >>>>> Estou a traducir a interface do programa QGIS ó galego. É algo que fago >>>>> ós poucos de forma 'artesanal'. Participei (o ano pasado) de 'oínte' na >>>>> Trasnada celebrada en Compostela e alí, algún de vós, amosástesme algunha >>>>> das ferramentas coas que traballades e que me pareceron moi útiles >>>>> (memorias >>>>> de tradución, glosarios de terminoloxía, validacións automáticas...). O >>>>> proxecto emprega ficheiros .ts e utilizo QtLinguist para traducilos. O >>>>> programa é visualmente atractivo pero carece destas funcionalidades que, >>>>> coido, son necesarias para darlle maior rigor e profesionalidade á >>>>> tradución. É por isto polo que vos pido un pequeno empuxón para atopar un >>>>> aplicativo que xunte estas características e que poida traballar con >>>>> ficheiros .ts (directamente ou a través dalgunha conversión). >>>>> Agradézovolo de antemán. >>>>> Un saúdo. >>>>> >>>>> _______________________________________________ >>>>> Proxecto mailing list >>>>> [email protected] >>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>>> >>>> >>>> >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> [email protected] >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>> >>> >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > > > > -- > Membro de «The Document Foundation Projects» > http://www.documentfoundation.org/foundation/members > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

