> LOKALIZE - Interesante o feito de poder preenche-las cadeas, claro que hai > que ter unhas memorias de tradución e/ou glosario. Foi confusa a xestión das > memorias de tradución (.tmx) e totalmente imposible engadi-lo glosario das > trasnadas (.tbx)
Coas memorias de tradución: da lista que mostra, úsase a que está escollida (realzada). Ao mellor, segundo tamaños, tes que agardar un chisco despois de pechar o diálogo de xestión das memorias. Respecto do glosario: podes pór unha ligazón ao ficheiro que tentas usar? O soporte do formato tbx é limitado no Lokalize. Nota: Ao igual que os outros, o Lokalize ten unha manchea de atallos de teclado que son de moita utilidade. > VIRTAAL - A pesares da interface, ten outras cualidades interesantes. > Traballa moi ben cos atallos de teclado e ten gran cantidade de parámetros > de control de calidade. Resultome un tanto confusa a xestión dos TMX e TBX. > > Seguirei probando a ver cal resulta máis apropiado e ireivos preguntando > máis detalles (moi interesante o de poder ve-las pantallas que comentou > Miguel Bouzada) > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

