Re: [terminoloxia] save

2009-03-13 Conversa Leandro Regueiro
O que non me quedou claro é se finalmente descartamos "guardar",
"guardado" e formas derivadas coma traducións non válidas, porque se é
así póñoas na páxina de erros tamén.

Por certo, xa puxen novos erros en http://trasno.net/trasno:erros e
esta vez non son só en KDE. Atopei algúns que aparecen en máis de dous
sitios, e como leva moito tempo pois case que paso polo de agora.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [terminoloxia] save

2009-03-10 Conversa mvillarino
> Pero supoño que podes ir a open-Tran, buscar "save", "autosave", e
> demais pesca, e despois filtrar os resultados buscando ca opción de
> busca do teu navegador (o Firefox trae a opción de resaltar os
> resultados así que é máis sinxelo velos), despois premes nas ligazóns
> resaltadas para ver o ficheiro no que están e xa está.

Si, ho, poder podo, pero non quero; abóndame con ser puta para ademáis
poñer a cama.


Re: [terminoloxia] save

2009-03-10 Conversa Leandro Regueiro
2009/3/9 Marce Villarino :
> O Luns 09 Marzo 2009 17:00:31 Leandro Regueiro escribiu:
>> > O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é
>> > o proceso de gardar:
>> >
>> > - Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde
>> > pon &Gardar, preme e solta, e xa.
>> > - Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar)
>> >
>> > E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o
>> > acto de gardar nas súas carnes.
>>
>> Aquí pilláchesme. Cando me saides con cousas tan esotéricas pérdome.
>> Acción ou efecto, home, podemos discutir. Coloquialmente úsase
>> "gardado" pero como non teño diccionario á man para consultar se ese
>> significado lle pertence non che podo dicir moito máis. Estou
>> preparando as estatísticas de "autosave", "automatic save" e "auto
>> save" para ver que outras opcións nos poden prover para seguir
>> discutindo sobre o tema.
>
> Buno.
> Segundo o Estraviz «garda» tamén é o efeito, así que ok!
> Se és tan amábel de dicirme que ficheiros son, modificareino esta semana.

Outra idea máis para o meu superproxecto de programa de estatísticas
que vai superar o feito en open-Tran (sempre e cando sexa quen de
poñerme a elo e de rematalo).

Ainda non me convenciches totalmente de que teña razón no de "garda"
sobre "gardado" (estache ben que fora eu quen propuxera a discusión, a
gañara, e siga sen estar convencido de que sexa o correcto)

Pero supoño que podes ir a open-Tran, buscar "save", "autosave", e
demais pesca, e despois filtrar os resultados buscando ca opción de
busca do teu navegador (o Firefox trae a opción de resaltar os
resultados así que é máis sinxelo velos), despois premes nas ligazóns
resaltadas para ver o ficheiro no que están e xa está.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [terminoloxia] save

2009-03-09 Conversa Marce Villarino
O Luns 09 Marzo 2009 17:00:31 Leandro Regueiro escribiu:
> > O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é
> > o proceso de gardar:
> >
> > - Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde
> > pon &Gardar, preme e solta, e xa.
> > - Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar)
> >
> > E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o
> > acto de gardar nas súas carnes.
>
> Aquí pilláchesme. Cando me saides con cousas tan esotéricas pérdome.
> Acción ou efecto, home, podemos discutir. Coloquialmente úsase
> "gardado" pero como non teño diccionario á man para consultar se ese
> significado lle pertence non che podo dicir moito máis. Estou
> preparando as estatísticas de "autosave", "automatic save" e "auto
> save" para ver que outras opcións nos poden prover para seguir
> discutindo sobre o tema.

Buno.
Segundo o Estraviz «garda» tamén é o efeito, así que ok! 
Se és tan amábel de dicirme que ficheiros son, modificareino esta semana.


Re: [terminoloxia] save

2009-03-09 Conversa Leandro Regueiro
>> O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
>> "gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
>> gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
>> "guardar"...
>
> Seguindo a premisa de "tu traduces tu decides":
> - Miguel emprega "gravar", con base nos argumentos que el mismo espuxo hai 
> pouco

Lémbroo vagamente. A miña opinión é que é unha tradución pouco
aconsellable para "save".

> - O de "guardar" creo que ten a mesma orixe que "A Guarda", aló pola
> parte de Tui.

Non me convence :)


>> Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
>> tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
>> noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
>> acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
>> correcto "gravación":
>>
>> gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.
>> gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.
>
> O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é
> o proceso de gardar:
>
> - Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde
> pon &Gardar, preme e solta, e xa.
> - Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar)
>
> E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o
> acto de gardar nas súas carnes.

Aquí pilláchesme. Cando me saides con cousas tan esotéricas pérdome.
Acción ou efecto, home, podemos discutir. Coloquialmente úsase
"gardado" pero como non teño diccionario á man para consultar se ese
significado lle pertence non che podo dicir moito máis. Estou
preparando as estatísticas de "autosave", "automatic save" e "auto
save" para ver que outras opcións nos poden prover para seguir
discutindo sobre o tema.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [terminoloxia] save

2009-03-09 Conversa mvillarino
2009/3/9 Leandro Regueiro :
> O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
> "gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
> gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
> "guardar"...

Seguindo a premisa de "tu traduces tu decides":
- Miguel emprega "gravar", con base nos argumentos que el mismo espuxo hai pouco
- O de "guardar" creo que ten a mesma orixe que "A Guarda", aló pola
parte de Tui.


> Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
> tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
> noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
> acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
> correcto "gravación":
>
> gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.
>
> gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.

"To save money", con efeito, é "aforrar cartos".

O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é
o proceso de gardar:
- Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde
pon &Gardar, preme e solta, e xa.
- Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar)

E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o
acto de gardar nas súas carnes.


Re: [terminoloxia] save

2009-03-09 Conversa Leandro Regueiro
>> Gardar    (139xKDE + 57×GNOME + 46xXFCE + 3xSUSE + 19×OpenOffice.org) =
>> 264
>> Gravar    (28xKDE) = 28
>> Gardado   (7xKDE) = 7
>> Aforro    (KDE) = 1
>> Gravado   (KDE) = 1
>> Guardar   (13xKDE)
>> Guardado  (KDE)
>>
>> O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
>> "gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
>> gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
>> "guardar"...
>
> Eu case que optaría por "gardar".

Que é o recomendado nos dous glosarios e tamén a opción máis usada.


>> Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
>> tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
>> noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
>> acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
>> correcto "gravación":
>
> Podes por un exemplo de onde se usa "save" como substantivo? A verdade é que
> non consigo atopar ningún.

O uso de save como substantivo non é moi común e levariame algún tempo
atopar un exemplo. A frase típica é "autosave", "auto save" ou
"automatic save" así que se buscas no open-Tran aparecerán exemplos
nos primeiros resultados (buscar por "save" e atopar os substantivos
filtrando ca busca do navegador tamén é outra opción, pero a min só me
rula se gardo antes a páxina e a volvo abrir dende o disco duro debido
ó javascript).


>> gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.
>>
>> gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.
>
> "gardado" e "grabado" son participios, polo que o seu sería usalos como a
> traducción de "saved".

E supoño que tamén se usarán para iso.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [terminoloxia] save

2009-03-09 Conversa Javier Pico
2009/3/9 Leandro Regueiro 

> Gardar(139xKDE + 57×GNOME + 46xXFCE + 3xSUSE + 19×OpenOffice.org) = 264
> Gravar(28xKDE) = 28
> Gardado   (7xKDE) = 7
> Aforro(KDE) = 1
> Gravado   (KDE) = 1
> Guardar   (13xKDE)
> Guardado  (KDE)
>
> O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
> "gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
> gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
> "guardar"...
>

Eu case que optaría por "gardar".

>
> Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
> tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
> noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
> acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
> correcto "gravación":
>

Podes por un exemplo de onde se usa "save" como substantivo? A verdade é que
non consigo atopar ningún.

>
> gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.
>
> gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.
>

"gardado" e "grabado" son participios, polo que o seu sería usalos como a
traducción de "saved".

>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


[terminoloxia] save

2009-03-09 Conversa Leandro Regueiro
Gardar(139xKDE + 57×GNOME + 46xXFCE + 3xSUSE + 19×OpenOffice.org) = 264
Gravar(28xKDE) = 28
Gardado   (7xKDE) = 7
Aforro(KDE) = 1
Gravado   (KDE) = 1
Guardar   (13xKDE)
Guardado  (KDE)

O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
"gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
"guardar"...

Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
correcto "gravación":

gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.

gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.


"Save as":
Gardar como   (55×KDE + 22×GNOME) = 77
Gardar coma   (3xXFCE + Inkscape) = 4
Gravar como   (4×KDE) = 4
Gravar coma   (KDE) = 1
Guardar como  (2xKDE)

Ademais das observacións do comentario anterior aplicables aquí, cabe
destacar o uso minoritario de "coma" fronte a "como". Quizais sexa
debido a isto:

4 coma: conx Une dous elementos entre os que se establece unha
comparación de igualdade. OBS: Só pode utilizarse cando a expresión
ten valor comparativo e non modal.

Non me queda moi claro a verdade.

Ata logo,
  Leandro Regueiro