O Luns 09 Marzo 2009 17:00:31 Leandro Regueiro escribiu: > > O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é > > o proceso de gardar: > > > > - Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde > > pon &Gardar, preme e solta, e xa. > > - Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar) > > > > E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o > > acto de gardar nas súas carnes. > > Aquí pilláchesme. Cando me saides con cousas tan esotéricas pérdome. > Acción ou efecto, home, podemos discutir. Coloquialmente úsase > "gardado" pero como non teño diccionario á man para consultar se ese > significado lle pertence non che podo dicir moito máis. Estou > preparando as estatísticas de "autosave", "automatic save" e "auto > save" para ver que outras opcións nos poden prover para seguir > discutindo sobre o tema.
Bueeeeno. Segundo o Estraviz «garda» tamén é o efeito, así que ok! Se és tan amábel de dicirme que ficheiros son, modificareino esta semana.

