2009/3/9 Marce Villarino <mvillar...@gmail.com>:
> O Luns 09 Marzo 2009 17:00:31 Leandro Regueiro escribiu:
>> > O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é
>> > o proceso de gardar:
>> >
>> > - Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde
>> > pon &Gardar, preme e solta, e xa.
>> > - Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar)
>> >
>> > E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o
>> > acto de gardar nas súas carnes.
>>
>> Aquí pilláchesme. Cando me saides con cousas tan esotéricas pérdome.
>> Acción ou efecto, home, podemos discutir. Coloquialmente úsase
>> "gardado" pero como non teño diccionario á man para consultar se ese
>> significado lle pertence non che podo dicir moito máis. Estou
>> preparando as estatísticas de "autosave", "automatic save" e "auto
>> save" para ver que outras opcións nos poden prover para seguir
>> discutindo sobre o tema.
>
> Bueeeeno.
> Segundo o Estraviz «garda» tamén é o efeito, así que ok!
> Se és tan amábel de dicirme que ficheiros son, modificareino esta semana.

Outra idea máis para o meu superproxecto de programa de estatísticas
que vai superar o feito en open-Tran (sempre e cando sexa quen de
poñerme a elo e de rematalo).

Ainda non me convenciches totalmente de que teña razón no de "garda"
sobre "gardado" (estache ben que fora eu quen propuxera a discusión, a
gañara, e siga sen estar convencido de que sexa o correcto)

Pero supoño que podes ir a open-Tran, buscar "save", "autosave", e
demais pesca, e despois filtrar os resultados buscando ca opción de
busca do teu navegador (o Firefox trae a opción de resaltar os
resultados así que é máis sinxelo velos), despois premes nas ligazóns
resaltadas para ver o ficheiro no que están e xa está.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a