>> Gardar (139xKDE + 57×GNOME + 46xXFCE + 3xSUSE + 19×OpenOffice.org) =
>> 264
>> Gravar (28xKDE) = 28
>> Gardado (7xKDE) = 7
>> Aforro (KDE) = 1
>> Gravado (KDE) = 1
>> Guardar (13xKDE)
>> Guardado (KDE)
>>
>> O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
>> "gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
>> gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
>> "guardar"...
>
> Eu case que optaría por "gardar".
Que é o recomendado nos dous glosarios e tamén a opción máis usada.
>> Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
>> tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
>> noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
>> acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
>> correcto "gravación":
>
> Podes por un exemplo de onde se usa "save" como substantivo? A verdade é que
> non consigo atopar ningún.
O uso de save como substantivo non é moi común e levariame algún tempo
atopar un exemplo. A frase típica é "autosave", "auto save" ou
"automatic save" así que se buscas no open-Tran aparecerán exemplos
nos primeiros resultados (buscar por "save" e atopar os substantivos
filtrando ca busca do navegador tamén é outra opción, pero a min só me
rula se gardo antes a páxina e a volvo abrir dende o disco duro debido
ó javascript).
>> gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.
>>
>> gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.
>
> "gardado" e "grabado" son participios, polo que o seu sería usalos como a
> traducción de "saved".
E supoño que tamén se usarán para iso.
Ata logo,
Leandro Regueiro