Gardar    (139xKDE + 57×GNOME + 46xXFCE + 3xSUSE + 19×OpenOffice.org) = 264
Gravar    (28xKDE) = 28
Gardado   (7xKDE) = 7
Aforro    (KDE) = 1
Gravado   (KDE) = 1
Guardar   (13xKDE)
Guardado  (KDE)

O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
"gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
"guardar"...

Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
correcto "gravación":

gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.

gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.


"Save as":
Gardar como   (55×KDE + 22×GNOME) = 77
Gardar coma   (3xXFCE + Inkscape) = 4
Gravar como   (4×KDE) = 4
Gravar coma   (KDE) = 1
Guardar como  (2xKDE)

Ademais das observacións do comentario anterior aplicables aquí, cabe
destacar o uso minoritario de "coma" fronte a "como". Quizais sexa
debido a isto:

4 coma: conx Une dous elementos entre os que se establece unha
comparación de igualdade. OBS: Só pode utilizarse cando a expresión
ten valor comparativo e non modal.

Non me queda moi claro a verdade.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a