>> O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
>> "gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
>> gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
>> "guardar"...
>
> Seguindo a premisa de "tu traduces tu decides":
> - Miguel emprega "gravar", con base nos argumentos que el mismo espuxo hai 
> pouco

Lémbroo vagamente. A miña opinión é que é unha tradución pouco
aconsellable para "save".

> - O de "guardar" creo que ten a mesma orixe que "A Guarda", aló pola
> parte de Tui.

Non me convence :)


>> Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
>> tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
>> noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
>> acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
>> correcto "gravación":
>>
>> gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.
>> gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.
>
> O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é
> o proceso de gardar:
>
> - Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde
> pon &Gardar, preme e solta, e xa.
> - Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar)
>
> E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o
> acto de gardar nas súas carnes.

Aquí pilláchesme. Cando me saides con cousas tan esotéricas pérdome.
Acción ou efecto, home, podemos discutir. Coloquialmente úsase
"gardado" pero como non teño diccionario á man para consultar se ese
significado lle pertence non che podo dicir moito máis. Estou
preparando as estatísticas de "autosave", "automatic save" e "auto
save" para ver que outras opcións nos poden prover para seguir
discutindo sobre o tema.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a