Paquete hunspell-gl-es

2008-12-01 Conversa damufo

Boas:
Estaba a tratar de procurar información para facer o paquete coa 
instalación para o husnpell do dicionario de galego. Para elo 
inscribinme na lista de debian-develo... pero non saquei moito, logo fun 
procurar autores de paquetes e atopeime con Agustín Martín, que é quen 
resulta é quen empaquetou o eusquera e o español e penso que algún máis.
Cando lle pedín axuda pensou que trataba de facer o que está feito, 
paquete co galego mínimos e remitiume á páxina de Ramón Flores (era a 
páxina que consultaba para facer actualizacións), logo comenteille que o 
que quería empaquetar era hunspell da normativa oficial. Resulta que non 
sabía da existencia deste dicionario, e descubreu mancomún!

Pois ben, comentou que vai facer el o paquete a non ser que eu sexa autor.
Polo que sei xa se puxo mans a obra (contactou con mancomún), comentou 
que é unha pena que non o soubera antes, pois xa o metería en lenny.

De todos modos, vou ver se me ensina a facer o paquete.
Hai que ver para outras distros como vai o tema.

abur

--

damufo

Re: (vector) path

2008-12-01 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/30 Miguel Branco bandu...@gmail.com:
 ok: camiño, logo somos en KDE os que nos temos que adaptar (xa o fixen para
 Koffice).

Eu escollin camiño usando eses criterios, que penso que non están de
todo mal. Despois vin que para o Gimp tamén se escollera traducir
path coma camiño e como o escolleran os que revisaron e
concordaban co que eu escollera pensei que xa non se ía discutir máis
o asunto. Se tedes unha proposta mellor podemos volver debater.

Como dixen, podes ir a Inkscape e ver que se usa ruta ou camiño
dependendo do path que sexa. Mirando agora no open-tran vexo que se
usa rota e tamén que se usa moito camiño no gnome, o que me fai
pensar que usaron camiño para a tipica ruta a un ficheiro ou un
directorio.

Por certo, falei co desenvolvedor do open-tran e polo visto o das
cadeas fuzzy dos resultados non se distinguian por culpa dun erro seu
no CSS.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: docker

2008-12-01 Conversa Leandro Regueiro
 'Docker for Krita'

Os derivados de dock sempre me deron problemas. No open-tran vexo
que traduciron dock por empotrar e acoplar, asi que en teoria
unha opción seria traducilo como acoplable.

Pero xa che digo que é unha opinión non fundamentada en nada. O que si
podo dicir é que irá ó glosario cando teñamos montado o sistema e
peneire a miña conta de gmail.

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: Paquete hunspell-gl-es

2008-12-01 Conversa Leandro Regueiro
 Estaba a tratar de procurar información para facer o paquete coa instalación
 para o husnpell do dicionario de galego. Para elo inscribinme na lista de
 debian-develo... pero non saquei moito, logo fun procurar autores de
 paquetes e atopeime con Agustín Martín, que é quen resulta é quen empaquetou
 o eusquera e o español e penso que algún máis.
 Cando lle pedín axuda pensou que trataba de facer o que está feito, paquete
 co galego mínimos e remitiume á páxina de Ramón Flores (era a páxina que
 consultaba para facer actualizacións), logo comenteille que o que quería
 empaquetar era hunspell da normativa oficial. Resulta que non sabía da
 existencia deste dicionario, e descubreu mancomún!
 Pois ben, comentou que vai facer el o paquete a non ser que eu sexa autor.
 Polo que sei xa se puxo mans a obra (contactou con mancomún), comentou que é
 unha pena que non o soubera antes, pois xa o metería en lenny.
 De todos modos, vou ver se me ensina a facer o paquete.
 Hai que ver para outras distros como vai o tema.

Perfecto. Supoño que asi tamén teremos o paquete para Ubuntu.

Creo que estas son as instruccións para openSuse
http://en.opensuse.org/SUSE_Build_Tutorial

Ata logo,
Leandro Regueiro

Thunderbird 'trucado' para usar hunspell

2008-12-01 Conversa damufo

Boas:
Falando co desenvolvedor dos dicionarios resulta que me comenta:

Ahora veo que en iceweasel (firefox) se cambió en marzo de 2007
 (2.0.0.3-2), más o menos como iceape. Para icedove (thunderbird) no pone
 cuando se cambió, pero me imagino que al mismo tiempo. Es decir, todos
 después de etch.
  
 Si no me equivoco thunderbird no tiene implementado en hunspell, lo harán para la versión 3.
  
En Debian parece que se cambió respecto del original,

$ dpkg -s icedove
..
Version: 2.0.0.17-1
..
Depends: ... libhunspell-1.2-0 (= 1.2.4) ...
..
Description: free/unbranded thunderbird mail/news/rss clone

Pois iso, queda dito.
Saúdos

Re: (vector) path

2008-12-01 Conversa mvillarino
 dependendo do path que sexa. Mirando agora no open-tran vexo que se
 usa rota e tamén que se usa moito camiño no gnome, o que me fai
 pensar que usaron camiño para a tipica ruta a un ficheiro ou un
 directorio.

Nota: o de rOta é cousa miña (unha das palabras nas que conservo a
escolla de vogal dos reintegracionistas, como en lición - lección. (A
ver se para lenny lle paso o corrector a todos os ficheiros)

Re: (vector) path

2008-12-01 Conversa Adrián Chaves Fernández

O certo é que rota existe en galego, pero facendo referencia aos camiños na 
neve (corroborádeo co DRAG), pero non creo que nos programas apareza con tal 
significado moitas veces, así que si que vai haber que facer correcións, si.

Re: (vector) path

2008-12-01 Conversa Miguel Branco
O Monday 01 December 2008 17:18:54 mvillarino escribiu:
  dependendo do path que sexa. Mirando agora no open-tran vexo que se
  usa rota e tamén que se usa moito camiño no gnome, o que me fai
  pensar que usaron camiño para a tipica ruta a un ficheiro ou un
  directorio.

 Nota: o de rOta é cousa miña (unha das palabras nas que conservo a
 escolla de vogal dos reintegracionistas, como en lición - lección. (A
 ver se para lenny lle paso o corrector a todos os ficheiros)

tamén miña: introducina unhas cantas veces xq dubidaba de cal a RAG considera 
correcta máis xa as cambiei por 'camiño'. 

PD: en koffice agora mesmo só hai unhas 50 dubidosas que axiña farei, e sigo a 
traballar na corrección liña a liña (vou a altura de Karbon por orde). En 
canto acabe de corrixir en Koffice fareino con KDEPIM. 

Re: docker

2008-12-01 Conversa Miguel Branco
O Monday 01 December 2008 13:18:40 Leandro Regueiro escribiu:
  'Docker for Krita'

 Os derivados de dock sempre me deron problemas. No open-tran vexo
 que traduciron dock por empotrar e acoplar, asi que en teoria
 unha opción seria traducilo como acoplable.

 Pero xa che digo que é unha opinión non fundamentada en nada. O que si
 podo dicir é que irá ó glosario cando teñamos montado o sistema e
 peneire a miña conta de gmail.

son complidados: hei investigar o asunto e comentamolo. 

Re: Paquete hunspell-gl-es

2008-12-01 Conversa Miguel Branco

ese Dani!

 Perfecto. Supoño que asi tamén teremos o paquete para Ubuntu.

 Creo que estas son as instruccións para openSuse
 http://en.opensuse.org/SUSE_Build_Tutorial

intentarei probar a ver se dou... pero nunca fixen nada disto

[Nota]R[o,u]ta

2008-12-01 Conversa mvillarino
Pois (digalego):
rota: sinónimo de derrota
derrota: 1 camiño que se fai na neve (vamos, que deixa ronsel)
2 camiño que segue unha nave para ir dun sitio a outro.
sin: rota, rumbo (reint:rumo)

ruta: camiño que se percorre nunha viaxe
   camiño que algúen segue para obter algo
   rumbo
   sin:itinerario.

do cal: que non o troco, ao amparo da 2ª definición de rota. (*)

[camiño: calquera tipo de via que se constrúe para enlazar un lugar a outro.]

Re: (vector) path

2008-12-01 Conversa Leandro Regueiro
A ver se entendin ben, ides eliminar ruta?

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: (vector) path

2008-12-01 Conversa Adrián Chaves Fernández
 A ver se entendin ben, ides eliminar ruta?

 Ata logo,
 Leandro Regueiro

Polo que eu entendín, o que van é a deixar rota, que é a que utilizaran ata 
agora.

Re: (vector) path

2008-12-01 Conversa Miguel Branco

 A ver se entendin ben, ides eliminar ruta?

o que eu fixen foi cambiar 'rota' por 'camiño' onde se referise a '(vector) 
path' non noutros casos

Aclaración

2008-12-01 Conversa mvillarino
O Luns 01 Decembro 2008 18:56, mvillarino escribiu:
 do cal: que non o troco, ao amparo da 2ª definición de rota. (*)
Aclaración:
estou a referirme á seguinte definición (tomada de fd):

pathname
 file system (Or path) The specification of a node (file or directory)
 in a hierarchical file system. The path is usually specified by listing the
 nodes top-down, separating the directories by the pathname separator (/ in
 Unix, \ in MS-DOS).

Para referirse á liña curva que serve de pauta para escreber, eu empregaría
pauta, adaptanto a 2ª def. do digalego (suprimindo o de horizontais).
-- 
Best regards,
MV

[Dúbida]Blob

2008-12-01 Conversa mvillarino
Máis que dúbida, memento: nalgún contexto, blob emprégase para referirse ao
iris do ollo (si, para corrixir a cor vermella)
-- 
Best regards,
MV