cadastradas somos 64 personas, ou sexa que potencial sí que hai. mirando
para o arquivo da rolda, vese como nos últimos cinco anos o nivel de 
participación foi bastante baixo, se ben a partir do ano 2007 comezou
incrementarse progresivamente, tendencia que continúa no presente. 

fin do informe ;)

en xeral, nas roldas aplícase o "silencio consensual": se alguén fai unha
proposta e ninguén levanta obxecións, a proposta enténdese aceitada; eso
evita que haxa que estar contestando seguido, e ofrece unha maior autonomía
ás personas que toman a iniciativa (que ao final son as que levan os
proxectos adiante). ademais moita exente está só escoitando o que se fala
, ou ás veces nin iso.


Jesús escrebeu:
> Canta xente hai nesta rolda? Debería haber máis opinións, inda que só
> sexan para decir "Eu non". Que se note que hai comunidade ;)
> 
> ifrit
> 
> 
> 2010/3/4 suso <suso.baleato en gmail.com>:
> > Manuel Souto Pico escrebeu:
> >> No meu caso, curiosidade non me falta, ganas de facer cousas tampouco,
> >> e coñecementos non o sei porque tampouco sei qué tarefas exactamente
> >> hai que realizar (pero en calquera caso sempre se pode aprender, non?).
> >> Porén, e que o confirme ou desminta o resto da lista, creo que o/a
> >> coordinador/a  debería ser alguén que leve máis tempo colaborando co
> >> proxecto, e con máis intensidade, tanto por ter máis bagaxe como por
> >> ter demostrado un compromiso sólido e continuado que o/a faga merecer
> >> tal posto. Eu animo a que se candidate xente que leva máis tempo e/ou
> >> que coñeza ben o proceso.
> >>
> >
> > Eu tamén penso que idealmente debería ser así; mais lembro que eu non
> > levaba ningún tempo e o meu descoñecemento do proceso era absoluto cando
> > asumín a coordenación así que obxectivamente calquera persona desta rolda
> > sería mellor candidato do que eu era cando me tocou asumir ise rol :)
> >
> >>
> >> Eu isto pensábao con miras aos membros do noso grupo (galego), pero a iso
> >> acrecéntase, pois, o que di Suso, de miras á Fundación Mozilla. Se só
> >> aceptan alguén de perfil técnico, pois unha razón máis en contra miña,
> >> porque eu teño un perfil mixto pero veño do mundo da tradución, non da
> >> informática. Voume formando (comezo un curso de localización pola UOC 
> >> este
> >> mes) pero a xulgar polo que di o Suso parece que sería complicado ser
> >> admitido como coordinador co meu perfil.
> >>
> >
> > Se cadra non me expliquei ben. As capacidades técnicas foron importantes no
> > seu día para desbloquear o problema da integración do galego no 
> > repositorio
> > oficial; mais unha vez que foi resolto o problema, agora o mais importante
> > como dixen penso que é a capacidade social, comunicativa. Técnicamente só
> > hai que aprender catro comandos para enviar as traducións ao repositorio;
> > as dificuldades "técnicas" están mais no campo da tradución 
> > (conversións,
> > aplicación de tmx e similares) que no da informática. En todo caso nesto
> > último eu podo axudar.
> >
> >> Sobre o de asumir tarefas asociadas á coordinación, alén de traducir e
> >> revisar, eu podo baleirar terminoloxía | xestionar memorias e dicionarios 
> >> |
> >> facer probas con ficheiros e ferramentas | programar scripts | facer
> >> conversións e transformacións | facer testing, etc., ou se hai outras 
> >> cousas
> >> que non saiba facer pero están ao meu alcance, aprendo encantado, pero 
> >> pouco
> >> a pouco. Isto dígoo para quen saiba o que hai que facer pero non se
> >> candidate por ter medo de non poder con todo ou non ter tempo. Eu axudo.
> >>
> >> Total, creo que teño máis prudencia que ganas.
> >>
> >
> > Que opine o resto da xente, pero se ninguén se candidata para facelo, penso
> > que deberías animarte e asumir tí a coordenación. Claramente dispós 
> > tanto
> > dos coñecementos técnicos (lingüísticos) como da capacidade 
> > comunicativa que
> > é precisa e con seguridade na Fundación Mozilla aceitarán a proposta que 
> > lle
> > fagamos dende a rolda. Ademais non detectei que tiveras conflictos co resto
> > da xente, mais ben todo o contrario, e iso é bastante importante tamén.
> >
> > En todo caso, un coordenador en fase de aprendizaxe é mellor que ningún
> > coordenador: a miña vontade para dar o relevo é firme e non ten volta 
> > atrás.
> >
> > --
> > http://susinho.pagina.de/
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >
> 
> 
> 
> -- 
> ====================
> Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
> Visit our blog of fast food of the world: http://capitulocerdo.blogaliza.org
> Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
> Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a