Son unha persoa prácticamente alle a isto, mais estou cadastrado na rolda.

Polo que estou lendo aquí, entendo que *Manuel Souto Pico* é o candidato a
coordinador perfecto.

Eu non podo ofrecer máis que os meus ánimos para que asumas esta importante
tarefa.

Entendo que o avanzado nestes anos no software libre en galego en concreto
no que a Mozilla se refire, foi e é vital para a implantación do noso
idioma. Mozilla está de moda entre a mocidade, que na páxina oficial apareza
o galego é algo importantísimo.

Iso todos o sabemos, o que quería dicir simplemente é que sería unha pena
que non houbese continuidade neste importantísimo proxecto.

Animo a *Manuel Souto Pico* a que asuma esa coordinación.


2010/3/4 suso <suso.baleato en gmail.com>

> cadastradas somos 64 personas, ou sexa que potencial sí que hai. mirando
> para o arquivo da rolda, vese como nos últimos cinco anos o nivel de
> participación foi bastante baixo, se ben a partir do ano 2007 comezou
> incrementarse progresivamente, tendencia que continúa no presente.
>
> fin do informe ;)
>
> en xeral, nas roldas aplícase o "silencio consensual": se alguén fai unha
> proposta e ninguén levanta obxecións, a proposta enténdese aceitada; eso
> evita que haxa que estar contestando seguido, e ofrece unha maior autonomía
> ás personas que toman a iniciativa (que ao final son as que levan os
> proxectos adiante). ademais moita exente está só escoitando o que se fala
> , ou ás veces nin iso.
>
>
> Jesús escrebeu:
> > Canta xente hai nesta rolda? Debería haber máis opinións, inda que só
> > sexan para decir "Eu non". Que se note que hai comunidade ;)
> >
> > ifrit
> >
> >
> > 2010/3/4 suso <suso.baleato en gmail.com>:
> > > Manuel Souto Pico escrebeu:
> > >> No meu caso, curiosidade non me falta, ganas de facer cousas tampouco,
> > >> e coñecementos non o sei porque tampouco sei qué tarefas exactamente
> > >> hai que realizar (pero en calquera caso sempre se pode aprender,
> non?).
> > >> Porén, e que o confirme ou desminta o resto da lista, creo que o/a
> > >> coordinador/a  debería ser alguén que leve máis tempo colaborando co
> > >> proxecto, e con máis intensidade, tanto por ter máis bagaxe como por
> > >> ter demostrado un compromiso sólido e continuado que o/a faga merecer
> > >> tal posto. Eu animo a que se candidate xente que leva máis tempo e/ou
> > >> que coñeza ben o proceso.
> > >>
> > >
> > > Eu tamén penso que idealmente debería ser así; mais lembro que eu non
> > > levaba ningún tempo e o meu descoñecemento do proceso era absoluto
> cando
> > > asumín a coordenación así que obxectivamente calquera persona desta
> rolda
> > > sería mellor candidato do que eu era cando me tocou asumir ise rol :)
> > >
> > >>
> > >> Eu isto pensábao con miras aos membros do noso grupo (galego), pero a
> iso
> > >> acrecéntase, pois, o que di Suso, de miras á Fundación Mozilla. Se só
> > >> aceptan alguén de perfil técnico, pois unha razón máis en contra 
> > >> miña,
> > >> porque eu teño un perfil mixto pero veño do mundo da tradución, non da
> > >> informática. Voume formando (comezo un curso de localización pola UOC
> este
> > >> mes) pero a xulgar polo que di o Suso parece que sería complicado ser
> > >> admitido como coordinador co meu perfil.
> > >>
> > >
> > > Se cadra non me expliquei ben. As capacidades técnicas foron
> importantes no
> > > seu día para desbloquear o problema da integración do galego no
> repositorio
> > > oficial; mais unha vez que foi resolto o problema, agora o mais
> importante
> > > como dixen penso que é a capacidade social, comunicativa. Técnicamente
> só
> > > hai que aprender catro comandos para enviar as traducións ao
> repositorio;
> > > as dificuldades "técnicas" están mais no campo da tradución
> (conversións,
> > > aplicación de tmx e similares) que no da informática. En todo caso
> nesto
> > > último eu podo axudar.
> > >
> > >> Sobre o de asumir tarefas asociadas á coordinación, alén de traducir e
> > >> revisar, eu podo baleirar terminoloxía | xestionar memorias e
> dicionarios |
> > >> facer probas con ficheiros e ferramentas | programar scripts | facer
> > >> conversións e transformacións | facer testing, etc., ou se hai outras
> cousas
> > >> que non saiba facer pero están ao meu alcance, aprendo encantado, pero
> pouco
> > >> a pouco. Isto dígoo para quen saiba o que hai que facer pero non se
> > >> candidate por ter medo de non poder con todo ou non ter tempo. Eu
> axudo.
> > >>
> > >> Total, creo que teño máis prudencia que ganas.
> > >>
> > >
> > > Que opine o resto da xente, pero se ninguén se candidata para facelo,
> penso
> > > que deberías animarte e asumir tí a coordenación. Claramente dispós
> tanto
> > > dos coñecementos técnicos (lingüísticos) como da capacidade
> comunicativa que
> > > é precisa e con seguridade na Fundación Mozilla aceitarán a proposta
> que lle
> > > fagamos dende a rolda. Ademais non detectei que tiveras conflictos co
> resto
> > > da xente, mais ben todo o contrario, e iso é bastante importante tamén.
> > >
> > > En todo caso, un coordenador en fase de aprendizaxe é mellor que ningún
> > > coordenador: a miña vontade para dar o relevo é firme e non ten volta
> atrás.
> > >
> > > --
> > > http://susinho.pagina.de/
> > > _______________________________________________
> > > Galician mailing list
> > > Galician en mozdev.org
> > > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> > >
> >
> >
> >
> > --
> > ====================
> > Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
> > Visit our blog of fast food of the world:
> http://capitulocerdo.blogaliza.org
> > Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
> > Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
> > ====================
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> --
> http://susinho.pagina.de/
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100305/2eacc081/attachment-0001.html>

Responderlle a