Boas:
A min gustoume o ofrecemento de trasno a levar a coordinación.

En 2010/03/16 16:24, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Boas.
>
> Con respecto a todo que queredes saber habería que falar con Suso e
> Rial, xa que un levaba a coordenación no que se refire a parte
> institucional e outro a parte técnica. A institucional é importante e
> Suso podería decir en que consiste e canto tempo quita.
>
> A técnica non é nada sinxela, xa que eu estiven a verme as instrucións
> que teñen para montar en equipo de tradución para un idioma dende cero
> ou como levar a tradución se tes o equipo montado e non é fácil e hai
> moito traballo que facer. O estado da tradución dos produtos de
> Mozilla está descendendo a paso axigantados, aínda que o Firefox 3.6
> estea ao 100% que xa o dúbido visto as estatísticias e as cadeas
> pérdidas.
>
> Estamos perdendo un tempo moi valioso e aquí nadie opina. O que queira
> a coordinación tense que mollar e traballar duro. Terá que crear
> procedementos para dividir as traducións, crear calendario de traballo
> e revisar todo o que se traduce. Xa que ten que coordinadar máis dun
> proxecto e conseguir que os produtos estean ao 100% para o seu
> lanzamento.
>
> O dito, Suso quere alguén que a comunidade elixa, así que nos toca
> decidir entre todos. Eu creo que xa hai varios candidatos, polo menos
> un equipo no que está Manuel, Damufo e outro máis senon me equivoco,
> que coordinaría Manuel Souto.
>
> Por outro lado está Trasno, onde en principio keko (eu) sería o
> coordinador e e un par de persoas que lle axudarían no resto.
>
> Non sei se hai máis candidatos, pero habería que resolver esto, xa que
> hai cadeas novas cada día que pasa en todos os proxectos de Mozilla e
> non son poucos. Agora non teño a man para darvos a ligazón onde se
> pode consultar pero hai moitísimo que facer e máis para xente novata
> no tema da xestión de Mozilla, así que a pornos as pilas.
>
> Facemos unha votación ou algún sistema para elixir. Ou simplemente o
> grupo de Manuel Souto se fai cargo e o resto a colaborar, hai que
> decidirse xa, o tempo corre en contra de contar coas seguintes
> versións en galego e se pode ser con paquetes oficiais (que é o
> ideal).
>
> Un saúdo.
>
> 2010/3/12, David Marcos Ramas<davidmarcosramas en gmail.com>:
>> Ola é totalmente irrelevante pero o do nome en cor rosa é porque uso Gmail,
>> e cada correo novo co mesmo asunto vai aparecendo a continuación dos outros
>> cambiando a cor do remitente... coincidiu que copiei e peguei o teu nome,
>> máis nada :-D
>>
>>
>> Polo tema en cuestión da coordinación, se cadra sería positivo que alguén
>> que explicase en que consiste exactamente, cales son as funcións dedicación
>> estimada, etc... creo que algo xa se puxo, pero se cadra había que
>> especificalo máis, para que se hai alguén que pense en asumir a 
>> coordinación
>> teňa claro se vai poder ou non.
>>
>> Saudos,
>> David
>>
>> 2010/3/12 Leandro Regueiro<leandro.regueiro en gmail.com>
>>
>>> 2010/3/12 Manuel Souto Pico<m.soutopico en gmail.com>:
>>>> Ola,
>>>> Estiven esta semana un pouco liado e acabo de ler agora o que fostes
>>>> escribindo.
>>>> Grazas, Suso e David, polos ánimos e a confianza. David, por
>>>> curiosidade,
>>>> por que escribes o meu nome en cor de rosa? :)
>>>> Realmente vexo que hai unha situación un pouco estraña aquí e 
>>>> gustaríame
>>>> facer algo por mellorala. Polo pouco que sei, paréceme que unha persoa
>>> que
>>>> se dé ben con todos os grupúsculos estaría nunha boa posición para
>>> aglutinar
>>>> esforzos a prol do proxecto e dar ilusión. Non sei se eu podería facer
>>> iso,
>>>> pero creo que iso é o que fai falta. Sen entrar a valorar, cuestionar
>>>> ou xulgar as actitudes das persoas (de ninguén) nesta ou noutra lista,
>>> dame
>>>> un pouco de pena a situación actual (actual?) e creo que é necesario
>>> facer
>>>> algo para desbloquear isto.
>>>> Por outro lado, a miña carga de traballo é variábel e impredecíbel, e
>>> dáme
>>>> medo comprometerme a algo que despois non poida asumir se me xurdiren
>>>> proxectos grandes. Que pasaría se pasados un número de meses vexo que
>>>> non
>>>> podo seguir? Non sería esa inestabilidade prexudicial face á Fundación
>>>> Mozilla (no sentido de tirarnos credibilidade como grupo)?
>>>> Outra pregunta: é posíbel ter a priori unha estimación do número de
>>>> horas
>>>> semanais que sería necesario dedicar á coordinación?
>>>> Outra pregunta: non é problema para min ter que asistir unha vez ao ano
>>>> á
>>>> reunión da Fundación, pero non sería conveniente que o coordinador teña
>>>> a
>>>> súa morada na terra? (eu vivo en Barcelona). Dígoo porque iso facilita
>>>> xuntarse cos membros do grupo ou asistir a xornadas como as do g11n...
>>>> Aínda concordando co principio do "silencio consensual", gustaríame
>>> escoitar
>>>> a opinión de alguén máis das 64 persoas que teoricamente están nesta
>>> lista.
>>>> Un toque nas roldas de localización a glg doutros grupos e
>>> proxectos podería
>>>> servir para "espertar" a participación das persoas que só seguen a rolda
>>> de
>>>> cando en vez, pero creo que non sería opinións fóra desta lista.
>>>> Bon, se cadra non é tan importante este tema...
>>>> Leandro, algunha suxestión para incentivar a participación da
>>> "comunidade"?
>>>> Refírome á de persoas en principio interesadas na galeguización de
>>> produtos
>>>> de Mozilla, estean xa nesta lista ou non, estean xa noutros proxectos ou
>>>> non.
>>>
>>> Entendo que se non te ves con tempo suficiente, ou pensas que nun
>>> momento dado poderías non poder dar a cara, quizais se deba pensar
>>> noutro sistema de organización e reparto do traballo onde a
>>> responsabilidade non recaia en só unha persoa, ou ter un sistema de
>>> relevo rápido (como en Trasno). Pero isto depende de se a
>>> infrastrutura de Mozilla o permite ou non, ou de se se poden subverter
>>> as súas normas (como fixemos en openSuse).
>>>
>>> Para incentivar á xente a participar, pois non sei que dicir. Quizais
>>> o primeiro é identificar cales son os problemas ou os atrancos que
>>> evitan que a xente se involucre. Isto é evidente. Quizais outra cousa
>>> a mellorar sería evitar andar lanzando a nova de que Firefox está ao
>>> 100% cada dous por tres xa que a xente di "xa está todo feito e non se
>>> precisa a miña axuda", polo que quizais sexa útil indicar que se pode
>>> traducir outras cousas que aínda non están completas, e de cando en
>>> vez pedir colaboradores para isto ou para aquelo. Outra cousa sería
>>> non intentar tratar a este proxecto como unha caixa pechada, como se
>>> non influira, fora influido por, ou precisara dos outros proxectos, xa
>>> que seguro que hai xente que prefire traducir por exemplo KDE a
>>> traducir en Mozilla e se as datas se solapan pois escollen KDE (por
>>> exemplo). A verdade é que pode haber ata unha ducia de factores
>>> diversos. Todo isto é moi interpretable e estou seguro de que hai
>>> bastantes persoas que van disentir da miña opinión, o cal é moi
>>> respectable.
>>>
>>> Ata logo,
>>>                   Leandro Regueiro
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a