2010/4/27 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>: > Ola a todos. > > Suso xa fixo os trámites pertinentes co correo que vistes que Ãa en > inglés. Eu xa me presentei aos responsábeis de Mozilla e agora estou a > facerme cos procedementos. > > Xa comecei a intentar resolver algúns bugs que temos pendentes e xa me > activaron algún servizo para traducir en liña. Nestes momentos estou a > mirar as traducións desde Narro e Verbatim. A ver o que tardan en > darme unha conta de Mercurial e podo mirar como vai todo. Por agora, > estou como ben di Suso a falar con eles, darme a coñecer e que a > comunidade me coñeza. Tamén iniciei contactos co grupo de castelán > para ver se eles me poden axudar nestes inicios e saber como fan eles > co seu grupo. > > Xa recibÃn algunha queixa con respecto a algunha tradución (de > usuarios galegos que empregan Firefox). Podo dicir, que non gusta a > tradución de Vaia, isto é vergoñoso. Algunhas persoas dixéronme que > ben valÃa cun SentÃmolo ou SentÃmosllo (comentario de lingüistas). Que > non era unha linguaxe nada aceptable por moito que a tradución literal > do inglés sexa esa. > > De entrada quero saber quen vai a querer traducir no dÃa a dÃa e se > vai poder facer cargo de proxectos enteiros ou de ficheiros soltos. > Como sabedes hai varios produtos e asà eu poder encargarme da parte > técnica e da revisión, e sobre toda da coordinación. Quen se pode > comprometer a facer cousas e quen pode axudar esporadicamente. > Dependendo dos colaboradores, organizarase o traballo. à moi > importante contar que hai uns prazos e hai que respetalos.
Se é por querer eu quero, pero non teño tempo. Igual consigo axudar na tradución puntual de algún que outro ficheiro. > Se ao final se pode traducir todo en liña (por web) ábrese un novo > abanico de posibilidades. Eu estou investigando esta última forma de > traducir, xa que vexo que ata o de agora, o peso o levaba todo Rial, > que era el o que se encargaba de todo. Despois, Suso, non sei moi ben > como organizou todo. ImaxÃnome que repartÃa o traballo entre a xente > que querÃa colaborar, pero non sei que tempos vos marcabades e como el > conseguÃa unificar os diferentes criterios e estilos seguidos polos > tradutores. > > Por agora pouco máis que contar. Que eu estou traducindo e revisando > en liña. Que a ver se me validan o traballo cando lles entregue algo > completado e que pasos me din que teño que facer. > > Suxestións e sobre todo quen quere participar traducindo e que > compromiso pode asumir. > > Un saúdo. > > 2010/4/13 suso <suso.baleato en gmail.com>: >> Boas, >> >> Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a >> equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de >> localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes, como >> xa fixen en GNOME e OpenOffice. >> >> Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahà xa será cousa >> de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio >> para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na >> medida en que poida axudalo. >> >> Fágovos eso sà unha matización de certa importancia despois de repasar o >> arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non era >> Enrique quen asumÃa a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou >> Trasno, >> non lembro cal dos dous era). >> >> à importante que teñades claro que na Mozilla a participación é >> individual; >> quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e non >> organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real Madrid >> ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén pretenda >> suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que >> Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade >> Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter >> en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra organización. >> >> DÃgovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a >> Xunta quen se facÃa cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non >> vaia >> ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa >> cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que >> integrarme esto era unha información importante que eu descoñecÃa e que >> obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de >> "apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización, meterán >> o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por que >> insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes efectos >> a única organización que existe é a Fundación Mozilla. >> >> Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os >> correos onde me poñades en copia. >> >> Ãnimo pois. >> >> Saúde. >> >> -- >> http://susinho.pagina.de/ >> _______________________________________________ >> Galician mailing list >> Galician en mozdev.org >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician >> > _______________________________________________ > Galician mailing list > Galician en mozdev.org > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician >