Vale daquela mentres non haxa algo oficial ou mellor solución empregarei:
carga/cargar - descarga/descargar


En 2011/01/27 13:53, Antón Méixome escribiu:
2011/1/27 damufo<dam...@gmail.com>:
Boas:
E para download?
recibir?

As posibilidades que vexo son

suba/subir - baixada/baixar
carga/cargar - descarga/descargar
envío/enviar - recepción/recibir

Algunha máis?


Eu diría algunha menos. Xa hai un certo consenso "espontáneo"

subir/baixar

(estou de acordo con Miguel, é un uso coloquial e só como verbo... de
feito non creo que a ninguén lle pareza ben dicir que unha imaxe que
ten no seu blog tivo 3000 "baixas" nun mes). Así que subir/baixar
produce resultados incoherentes.

envíar/recibir

(non vexo que sexa aceptable interpretalo como un proceso de
"comunicación" onde hai un "emisor" e un "receptor" cando o máis
frecuente é que se refira a accións previas, posteriores a un
verdadeiro acto de comunicación) :  Un  download server sería que? Un
"servidor de recepcións" ou "servidor de envíos"?


Para min
cargar/descargar (a/de un sistema, servizo), ademais ofrece un
"recargar" que tamén é un termo (refresh) moi necesario telo claro.


En 2011/01/26 18:32, Miguel Bouzada escribiu:
Eu emprego sempre "enviar", xa que subir (para min) é outra cousa, por
exemplo a unha escada, a un penedo...


El 26 de enero de 2011 18:27, damufo<dam...@gmail.com
<mailto:dam...@gmail.com>>  escribió:

    Boas como quedou isto?
    Atopome con
    Upload Successful!
    ? Suba correcta!

    Upload Complete
    ? Suba completa

    dicir que para upload empreguei subir.

    En 2009/05/25 12:36, Leandro Regueiro escribiu:

                       Boas

                       quería comentar a tradución de upload/download

                       upload
                       enviar/enviado ?
                       subir/subido ?

                       download?
                       obter/ obtido?
                       descargar/descargado

                hai un fío recente no que debatiu sobre iso

                       e de paso

                       load
                       carga?

                para min si


            Seino pero non lembro en que se quedou (se se quedou en
            algo), no glosario non vin o upload

        Pois a cousa discutirase, non se chegara a moito e non chegou ao
        glosario porque a verdade é que é preferible ter ese novo sistema
        rulando e despois discutir alí.

        Ata logo,
                                 Leandro Regueiro


    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net<mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a