Acudo a vós na procura de consello. Ante todo debo avisar que a tradución á que corresponde esta consulta non se realiza por motivos altruistas, senon para un proxecto da empresa para a que traballo [non obstante, estou convencendo á dirección para que se libere unha vez rematada para contribuír co proxecto open-source do que forma parte].
Coñecía este termo relacionado coas transaccións de bases de dato, en conxunto con "Commit". A miña dúbida é se debería ser traducido ou non e, de ser traducido, se vedes convinte usar "Reversión". Consultei coa compañeira filóloga e dixo que "reversión" existe. Eu penso que a tradución esta conserva o significado da orixinal. Que opinades? Grazas.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

