On Thursday 27 January 2011 19:31:15 Antón Méixome wrote:
> Non estou agora mesmo seguro de como quedou pero poderia haber un
> cruce co termo escollido para "downgrade". Estaba xa moi madura esta
> discusión pero non encontro o fío.
> 
> update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
> 
> 
> Creo que neses casos se falou de reversión e regresión. É dicir,
> "rollback" podería ser un deses dous que quede libre.
> Por certo "commit" está como "remisión" así que fan parella
> remisión/regresión... con esa idea de "ida/volta"

Primeiro, creo que sería posible empregar as mesma tradución para os dous 
conceptos dado que un deles dáse no contexto da xestión de paquetes e o outro 
no da xestión de bases de datos.

E dito iso, eu interpreto:
- Reversión: dar un paso atrás cando xa se deu un paso adiante. Volver a unha 
versión anterior dun paquete se que actualizou, ou similar. Ou desfacer unha 
sentencia de SQL que xa se executou.
- Regresión: pode que sexa por influencia do inglés, pero isto non sería cando 
no desenvolvemento dun aplicativo se perde (sen pretendelo, descúbrese 
xeralmente cando xa se perdeu) unha funcionalidade ou se volve dar lugar a un 
erro que xa se pechara?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a