On Thursday 27 January 2011 18:57:17 Javier Pico wrote:
> Acudo a vós na procura de consello.
> 
> Ante todo debo avisar que a tradución á que corresponde esta consulta non se
> realiza por motivos altruistas, senon para un proxecto da empresa para a
> que traballo [non obstante, estou convencendo á dirección para que se
> libere unha vez rematada para contribuír co proxecto open-source do que
> forma parte].
> 
> Coñecía este termo relacionado coas transaccións de bases de dato, en
> conxunto con "Commit".
> 
> A miña dúbida é se debería ser traducido ou non e, de ser traducido, se
> vedes convinte usar "Reversión".
> 
> Consultei coa compañeira filóloga e dixo que "reversión" existe.
> 
> Eu penso que a tradución esta conserva o significado da orixinal. Que
> opinades?
> 
> Grazas.

Reversión/reverter parécenme boas traducións, e deixando de lado para que as 
vaias empregar ti, coido que estaría ben concordar como traducilas de cara aos 
proxectos de software libre que as empreguen.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a