En 2011/01/27 19:04, Adrián Chaves Fernández escribiu:
On Thursday 27 January 2011 18:57:17 Javier Pico wrote:
Acudo a vós na procura de consello.

Ante todo debo avisar que a tradución á que corresponde esta consulta non se
realiza por motivos altruistas, senon para un proxecto da empresa para a
que traballo [non obstante, estou convencendo á dirección para que se
libere unha vez rematada para contribuír co proxecto open-source do que
forma parte].

Coñecía este termo relacionado coas transaccións de bases de dato, en
conxunto con "Commit".

A miña dúbida é se debería ser traducido ou non e, de ser traducido, se
vedes convinte usar "Reversión".

Consultei coa compañeira filóloga e dixo que "reversión" existe.

Eu penso que a tradución esta conserva o significado da orixinal. Que
opinades?

Grazas.
Reversión/reverter parécenme boas traducións, e deixando de lado para que as
vaias empregar ti, coido que estaría ben concordar como traducilas de cara aos
proxectos de software libre que as empreguen.
Tamén está regresión/regresar

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a