Calquera documento pode ser de lectura, incluso os que permiten a escritura,
o de "só lectura" penso que é o miolo da frase.

2011/2/10 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> > > A ver, a frase orixinal é pasiva enunciativa simple, e se non me falla
> > > a memoria, en galego a debería converterse a oración enunciativa con
> > > verbo en forma activa. Se non me falla a memoria a estrutura é unha
> > > SVO (suxeito, verbo, obxectos), polo que primeiro debería ir "[det]
> > > documento", logo unha forma do verbo que se refira a  abrir e logo o
> > > complemento; e neste está a dificultade.
> > > O documento abriuse dallecandallecacadelaemiña.
> > > Para min a dificultade está no "en modo de só lectura", que é un
> > > enunciado longo que ateiga de palabras monosílabas o texto.
> > > Se do que se trata é de mellorar a lexibilidade/perspicuidade, habería
> > > que reducir a cantidade de palabras da frase, e a cantidade de sílabas
> > > que hai nas palabras (tanto, tanto?), polo que podo propor e propoño:
> > > "O documento abriuse para lelo" ou "Documento aberto para ler"
> >
> > Eu xa me conformo con eliminar o «só» da frase para que quede «en modo
> > de lectura».
>
> Estou de acordo con Marce respecto de manter o principio, e respecto da
> frase
> creo porén que o «só» é precisamente a parte importante. Aclarar que
> entendo
> que se trata de documentos nos que non se pode escribir. Nese caso, un «O
> documento abriuse só para lectura» ou mesmo «O documento abriuse só para
> lerse» (aínda que este último non che me gusta moito como soa).
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a