Engado algunha cousa que teño apuntada ou que fun lembrando, a ver se lle
serve de axuda a Leandro

El 30 de mayo de 2011 13:30, Leandro Regueiro
<leandro.regue...@gmail.com>escribió:

> 2011/5/30 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> > Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
> > refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro
> quedou
> > co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
> > quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista de
> > termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
> > faríamos mellor se a levásemos preparada.
>
> Creo que no futuro vai ser mellor que cada un de nós envíe cinco
> cousas para discutir e fago eu unha lista. Malo será que así nin
> sequera as investiguemos un pouco. Ademais así tocaremos os temas que
> máis vos afecten.
>
> En todo caso intentarei meter as discusións importantes que quedaron
> desta Trasnada, como «path».
>
> Pasouseme rexistrar algunhas cousas. Creo que foi debido a que mentres
> estaba intentando anotar algún acordo a xente seguiu para adiante
> discutindo. Haberá que buscar algunha maneira de mellorar isto,
> quizais ca reunión levada por dúas persoas, unha para rexistrar os
> acordos e outra para guiar a discusión e detela cando se rexistra
> algún acordo.
>
> > Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
> > algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
> > proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
> > adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois
> das
> > 20.00, aparecen no fondo.
> > Xosé
>
> Moitas grazas. Mirei por riba e comentas xustificacións que non lembraba.
>
> > Discusión de terminoloxía
> > Cuestións de estilo a debater ao comezo
> >
> > *****Terminación en -bel/-ble
> > + Decisión: Prefírese -bel/-beis.
> > + Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
> > segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
> > adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
> > lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
> > + Decisión por unanimidade
> >
> > *****dende/desde
> > + Decisión: Só "desde"; "dende" é incorrecto
> > + Razóns: "dende" é dialectal e "desde" é a forma padrón.
> > + Decisión por unanimidade
> >
> > *****Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
> > + Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que
> elaborar
> > unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son
> os
> > apropiados.
> > + Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos:
> non
> > son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao
> final).
> > Hai dúbidas.
> > + Decisión por ?
>
> Decidiuse a forma «Tab», «Maiús». Enviarei noutro fío un TBX no que
> agrupei as listas de nomes de teclas que atopei en dúas guías de
> estilo e que teño en TBX. Podemos empezar a traballar sobre esa base,
> pero máis alá de enviarvos ese TBX non me comprometo a máis que co
> traballo que xa tiña e o de redactar os acordos da Trasnada xa teño
> para varias semanas.
>
>
>
> > *****Remove, delete, erase, clean
> > + Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
> >   Remove: Retirar
> >   Delete: Eliminar
> >   Erase: Borrar
> >   Clean: Limpar
>
> Eu teño anotado que se fixaba como consenso e que se usaria desde xa.
> Se aparecía algún problema avisariase na lista e inmediatamente se
> suspendería a implantación deste acordo ata a súa discusión urxente na
> próxima Trasnada. Hai que comentar que esta proposta é de Bouzada e
> Méixome que a probaron durante algún tempo sen ter atopado problemas.
>
>
Eu persoalmente opinei que retirar por remove estaría ben, pero que tiña as
miñas dúbidas de que acaese ben no contexto de programas de xestión de
paquetes (especialmente en liña de ordes, onde para min non ten sentido a
"metáfora" de retiralo dunha lista sobre a que despois traballas). Con todo,
creo que a decisión foi adoptar a tradución e se aparece algún problema,
advertilo na lista e tentar solucionalo. Por min queda fixada


> > ***** firewall: devasa
> > + Decisión: "firewall" tradúcese como "devasa"
> >   "cortalumes" é un castelanismo; "firewall" é un anglicismo que hai que
> > explicar (polo tanto, ineficaz).
> > + Razóns: Os "firewall" realizan funcións que se describen con esta
> > metáfora; en galego, ao termo "firewall" correspóndelle "devasa", que
> > carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo
> é
> > moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.
> >
> > *****password, passphrase
> > + Decisión: "password" tradúcese como "contrasinal" (substantivo
> masculino);
> > passphrase: frase de paso
> > + Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
> > palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que
> indica
> > a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser máis
> > longa que a primeira. "Contrasinal" é o termo empregado tradicionalmente
> na
> > tradución de "password"; "frase de paso", aínda que non mantén a relación
> > morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous conceptos.
> >
> > *****keyword
> > + Decisión:
> >   keyword: "palabra clave" no contexto de buscas. Unha "keyword" é unha
> > palabra que é relevante nun contexto.
> >   keyword: "palabra chave" para accesos. Unha "keyword" é como un
> > "contrasinal".
> > + Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
> > tradución de "keyword" como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal,
> ou
> > unha clave remiten a un segredo, mentres que "chave" se refire a algo
> > físico, como un ficheiro.
> >
> >
>

se se trata dun termo relevante nunha procura, palabra clave; se se refire a
palabra de acceso, contrasinal; queda o uso "keyfile" e semellantes no
contexto de conexións remotas (ssh, por exemplo), gpg, etc..., que se non
lembro mal sería ficheiro chave ou ficheiro de chaves (entendéndoo como
símil físico, é algo que, aínda que sexa de forma lóxica, existe fisicamente
no computador, en contraposición a contrasinal, que deberías sabelo de
memoria)


> > *****update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
> > + Decisión:
> >   update: actualizar, actualización
> >   upgrade: anovar, anovación
> >   downgrade: reverter, reversión
> > + Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras
> posibilidades
> > para "downgrade", como "retroceder".
> >
> > *****rollback
> > + Decisión: rollback: regresión, regresar
> > + Razóns: é un termo distinto dos utilizados para
> update/upgrade/downgrade
> > que pode transmitir a idea dun proceso incompleto do que se volve.
> >
> > *****commit
> > + Decisión: commit: remitir, remisión
> > + Razóns: correspondencia perfecta entre os termos
> >
> > *****encrypt/encryption/decrypt/decryption
> > + Decisión:
> >   encrypt: cifrar
> >   encryption: cifrado
> >   decrypt: descifrar
> >   decryption: descifrado
> > + Razóns: Fundamentalmente, hai que acabar coa tradución por "encriptar",
> > que, literalmente, significa "meter nunha cripta".
>
> Ou acabar tamén con «cifraxe».
>
> > *****username/user name/login name/login/log in/log off/logon/log
> > on/logout/log out/sign in/sign off/sign on/sign out/sign
> up/register/create
> > account
> > + Decisión:
> >   Concepto "crear unha conta que permita un acceso con determinados
> > privilexios" (sign up, register): crear unha conta
> >   Concepto "Acceder coas credenciais obtidas con anterioridade" (sign
> in/on,
> > log in/on e recíprocos): Acordalo nunha reunión posterior, barallando tal
> > vez: acceder, entrar/saír
> > + Razóns: 1) está claro; para 2) había diversas opcións, como as
> > mencionadas, e distintos contextos nos que hai que probar se se pode
> > "entrar", etc.
> >
> > *****username/user name/login name/login:
> > + Decisión: username: nome de usuario
> > + Razóns: Hai que unificar todos estes termos que teñen unha razón
> histórica
> > no inglés pero non para nós. Hai que ter en conta no futuro a diferenza
> > entre nome de usuario, como "xosecalvo" (que é unha secuencia de
> caracteres
> > que utilizo en diversos lugares) e outro nome, para que o que aínda non
> > decidimos nada, como "Xosé" (que é como me chama todo o mundo) ou
> "Francisco
> > José" (que é o que pon na miña partida de nacemento), ambos os dous que
> podo
> > utilizar para me identificar en determinados servizos.
> >
> > *****applet
> > + Decisión: applet: miniaplicativo
> > + Razóns: application: aplicativo; applet: miniaplicativo. Non se
> > consideraron alternativas porque a utilización de "mini-" aquí é
> produtiva e
> > porque se considera necesario traducir "applet" e non o deixar en inglés.
> >
> > *****widget, gadget, desklet, docklet
> > + Decisión: widget, gadget, desklet, docklet: trebello
> > + Razóns: "trebello" é un termo utilizado nas webs en galego para
> describir
> > esta funcionalidade. Todas estas variantes, e outras que, seguro,
> aparecerán
> > no futuro, son diferenciacións máis ben de entorno de traballo que de
> > funcionalidade real. Un caso especial é "plasmoid: plasmoide" porque fai
> > referencia a unha tecnoloxía específica, Plasma. Deberíase entender que a
> > descrición dun "plasmoide" indicaría que se trata dun "trebello".
> >
> > *****clipboard
> > + Decisión: clipboard: portapapeis
> > + Razóns: Un "clipboard" fai referencia a un obxecto que, como en
> español,
> > chámase "portapapeis". "Portarretallos" é un lusismo porque "retallo"
> > significa (ponde aqui o que sexa, o digalego non funciona agora mesmo).
> >
>

creo que se mencionou que é a palabra portuguesa para "retal". E dame que en
galego tamén se usa para o mesmo, pero agora non o podo asegurar


> > *****gradient
> > + Decisión:
> >   En contextos claramente matemáticos: gradient: a gradiente (feminimo)
> >   En contextos de cores: gradación
> > + Razóns: unha gradiente, en matemáticas, é un valor que reflicte o
> cambio
> > nun campo vectorial. Ao falarmos de imaxes, que é o máis frecuente
> > (programas de deseño ou de retoque fotográfico) referímonos a unha
> > "gradación" ou conversión paulatina dunha cor noutra cor. "degradado" e
> > "degradación" describen unha perda de cualidades. "degradado" é tamén
> unha
> > técnica utilizada na creación artística para rebaixa o valor dun
> atributo.
>
> No seu momento decidín non incluír «gradiente» por ser algo referente
> a matemáticas que non vemos a miúdo. Pero como parece que ao final si
> se discutiu terei que metelo tamén.
>
> > *****highlight
> > + Decisión: hightlight: realzar, realce
> > + Razóns:
>
> Esta, como outras cousas non se chegou a xustificar, simplemente se
> viron as opcións e se decidiu. Neste caso en particular creo que foi
> así porque eran as opcións de uso máis espallado, e ademais aparecían
> en todos os glosarios para os que había resultados de «highlight», e
> porque non había problemas con estas opcións.
>

creo que non chegou a haber discusión, imaxino porque todos a empregamos con
frecuencia e non se propuxo alternativa.


>
> > *****file/archive
> > + Decisión:
> >   file: ficheiro
> >   archive: arquivo, arquivar
> >   file (verbo), como en "file a report": enviar un informe de erro;
> informar
> > dun erro -- por decidir
>
> Eu teño rexistrado que se decidiu «enviar». Que alguén confirme isto, por
> favor.
>
> Ademais file: arquivar
> > + Razóns: A diferenza entre un ficheiro normal (file) e un comprimido
> > (archive), polo menos aos ollos dun usuario, é clara.
>
> Máis que comprimido, empaquetado, como con tar.
>
>
archive sería arquivo, referido a un ficheiro que empaqueta outros, sexa no
estilo de tar ou comprimido coma zip. Quedarían excluídos aqueles "arquivos"
que en realidade o usuario percibe de forma transparente como ficheiro único
(os odt, por exemplo). Poderiamos dubidar no caso dos arquivos de
instalación de aplicativos, pero como se usa habitualmente paquete non creo
que sexa o caso. Nos outros casos teríamos file como ficheiro. (eu remito á
metáfora dos ficheiros ou documentos físicos, dos que se poden gardar tipos
distintos dentro dun mesmo arquivador)
O uso específico de file como "enviar" sería no caso de construcións
específicas que xurdiron como "file a report", que poderíamos traducir como
"enviar un informe" (de erro, presumíbelmente)


> > *****bug report
> > + Decisión: provisorialmente: bug report: informe de erro -- para o
> futuro,
> > ver se é erro ou fallo ou falla
> > + Razóns: Existen dúbidas sobre se "fallo" é realmente galego
>
> Eu teño anotado que isto quedou para a seguinte Trasnada porque non
> había decisión sobre «bug» e considerouse que non se dispoñia da
> suficiente información para decidir alí, entre outras cousas por iso
> de «fallo». É dicir, hai que fixar antes «bug».
>

Coincido, o de fallo despertou dúbidas.


>
> > *****file package
> > + Decisión: file package: paquete de ficheiros
> > +`Razóns: tradución normal (non é "ficheiro de paquetes").
>
> Isto foi un comentario de Bouzada que non se chegou a discutir, ou si?
>

Sí, creo que foi algo que xurdiu no medio da conversa, pero tampouco xerou
controversia. Penso que se non hai obxeccións se pode aceptar xa. Vos
diredes


>
> > *****About
> > + Decisión: about: Sobre (tamén, como opción estilística, "verbo de")
> > + Razóns: "acerca de" é un castelanismo.
>
> Porei o «verbo de».
>

Penso que sería interesante unificar nunha soa, pois corremos o risco de que
pase como con fiestra/xanela e posteriormente teñamos que reverter parte do
traballo feito. Canto mais tardemos, peor vai ser


>
> > *****environment
> > + Decisión: environment: entorno
> > + Razóns: "ambiente", nas acepcións de "ambiente de traballo" ou "bon
> > ambiente" é un castelanismo e nas súas acepcións pre-informáticas non
> inclúe
> > unha interface e uns procedementos asociados (nótese a miña oposición a
> este
> > reducionismo). "contorno" describe só o espazo que arrodea ao lugar no
> que
> > se fala e "contorna" o que arrodea o "contorno". Mmmm.
> >
> > *****height/width/length
> > + Decisión: adiar a decisión para unha próxima reunión
> > + Razóns: a multiplicidade de traducións posíbeis e válidas:
> >   height: alto, altura
> >   width: largo, largura, ancho, anchura; fondo
> >   lenght: longo
>
> A min matoume iso da diferencia entre 2 dimensións e 3 dimensións.
> Esta hai que levala ben preparada.
>

Esta,xunto coa de log in e copañía, foi das que mais me romperon a cabeza.
Téñoa como pendente tamén


>
> > *****empty
> > + Decisión: empty: baleiro, baleirar
> > + Razóns: prefírese esta tradución a "vaciar". Hai que evitar o erro de
> > escribilos con "v
> >
> > *****history
> > + Decisión: history: historial
> > + Razóns:
>
> Non usar nin «historia» nin «histórico»
>
> > *****library
> > +`Decisión: library: biblioteca
> > + Razóns: unha "biblioteca" é o lugar ao que se vai consultar algo;
> > "libraría" é, tamén neste caso, un falso amigo.
> >
> > *****bookmark
> > + Decisión: bookmark: marcador, marcar
> > + Razóns: É tamén o que se utilizar para os libros e o utilizado
> > tradicionalmente para este concepto.
> >
> > *****buffer
> > + Decisión: buffer: búfer (substantivo), gardar no búfer (verbo)
> > + Razóns:
>
> Basicamente xa se acordara hai tempo nas roldas.
>
> > *****change
> > + Decisión: cambiar, cambio
> > + Razóns: Hai que uniformizar, polo que se escolle esta e non trocar,
> mudar
> > ou modificar, que poderían ser válidas.
> >
> > *****edit
> > + Decisión: edit: editar, edición
> > + Razóns: É unha tradución estendida desde hai tempo; hai que promover a
> > extensión semántica deste termo para que inclúa a modificación dun
> ficheiro.
> >
> > *****close
> > + Decisión: close: pechar
> > + Razóns: Prefírese pechar a cerrar e a fechar; este último termo inclúe
> o
> > matiz de "pechar con chave".
> >
> > ****develop
> > + Decisión:
> >   develop: desenvolver
> >   developer: desenvolvedor
> >   development: desenvolvemento
> > + Razóns:
>
> Porque son as únicas opcións válidas posibles en galego.
>
> > *****daemon
> > + Decisión: decidirase noutra reunión.
> > + Razón: daemon é un acrónimo; o seu significado é "servizo".
>
> Eu non teño constancia de que se decidira noutra reunión, senón nas
> roldas. Púxena porque cría que era chegar e aprobar, pero houbo
> desacordos, ou iso teño anotado e non se chegou a nada. Se non é así
> tirádeme das orellas (figuradamente).
>

Se non lembro mal, Méixome propoñía traducila por demo, pero os
"informáticos" montaron en cólera XD. Ou se acepta daemon como acrónimo de
Disk And Execution MONitor (na wikipedia pon que o acrónimo é posterior ó
nome, que fai referencia ós axudantes dos deuses na mitoloxía grega), ou se
traduce por servizo. Non teño constancia de que se aceptase finalmente
acordo ningún, pero penso que daemon está asentado e o acrónimo, aínda que
sexa posterior, é xustificación suficiente. Ademais, prefiro deixar os
servizos para Windoze :P


>
> > *****provide
> > + Decisión:
> >   provide: fornecer
> >   provider: fornecedor
> > + Razóns: É a tradución acaída.
>
> Non se chegou a xustificar por que non se usaron «prover» ou
> «provedor», pero aprobouse por unanimidade.
>
> > *****replace
> > + Decisión: replace: substituír; substitución
> > + Razóns: É a tradución acaída. Para outra reunión hai que confirmar se
> > existen casos que obriguen a incluír "substituto".
> >
> > *****application
> > + Decisión: application: aplicativo
> > + Razóns:
> >
> >
> > *****disable/enable
> > + Decisión: disable/enable: activar/desactivar
> > + Razóns:
> >
> > *****font
> > + Decisión: font: tipo de letra / letra (segundo o contexto, preferir a
> > forma abreviada)
> > + Razóns:
>
> En contextos como «font size»=«tamaño da letra», por exemplo. Quedou
> para futuras reunións fixar a tradución para todas estas combinacións
> de «font».
>
> > *****redo, undo
> > + Decisión:
> >   redo: refacer
> >   undo: desfacer
> > + Razóns: É o uso habitual. Non teñen aparecido alternativas.
> >
> > *****driver
> > + Decisión: controlador
> > + Razóns:
> >
> > *****icon
> > + Decisión: a icona
> > + Razóns:
> >
> > *****item
> > + Decisión: item: elemento
> > + Razóns:
> >
> > *****initilize
> > + Decisión:initilize: inicializar, initialization: inicialización
> > + Razóns: cómpre distinguir entre iniciar un aplicativo e darlle a este
> os
> > seus valore iniciais, que é o que indican estes termos.
>
> Isto tampouco o teño rexistrado, seguro que se chegou ao acordo final?
>

Eu teño rexistrado que si... inicializar é preparar algo para que poida
iniciarse posteriormente, e iniciar sería poñelo en marcha inmediatamente


>
> > *****launch, launcher
> > + Decisión: iniciar, iniciador
> > + Razóns: "lanzar", o falso amigo, é outra cousa.
>
> E «inicio» tamén.
>
> > *****retry
> > + Decisión: retry: tentar de novo
> > + Razóns: Reintentar tamén sería válido
>
> Aquí non houbo acordo.
>
>
Teño recollidas as dúas opcións, pero non se se chegou a acordo final; penso
que tes razón


> > ***** landscape/portrait
> > + Decisión:
> >   fotografía: paisaxe/retrato
> >   tipografía: natural/apaisado
> >   neutro: vertical/horizontal
> > + Razóns: Usos específicos desta terminoloxía
> >
> > *****rename
> > + Decisión: rename: renomear
> > + Razóns: Tradución inmediata; "mudar o nome" é longo de máis
> >
> > *****audio
> > + Decisión: audio, sound: son
> > + Razóns:
>
> A razón é unha tradución única en vez de dúas, e «son» é evidentemente
> o nome en galego para este concepto.
>
> > *****support
> > + Decisión:
> >   support (vb): ser compatíbel con, admitir, permitir utilizar, incluír
>
> De onde saíu «incluír»?
>

Desta non teño nada recollido...


>
> >   support (n): asistencia técnica (prestar)
> > + Razóns: o falso amigo "soportar" non admite os sentidos orixinais.
> > Habitualmente hai que recorrer a reelaborar o texto cunha estrutura
> distinta
> > baseándose nas expresións suxeridas. No caso do substantivo, a solución
> > tradicional é "asistencia técnica".
> >
> > *****check
> > + Decisión: check: comprobar (verificar é comprobar se algo é verdadeiro
> ou
> > falso), revisar (se algo está ben), corrixir, marcar (unha opción)
> > + Razóns:
> >
> > checkbox: caixa de selección? -- hai que estudar as distintas
> posibilidades
> > existentes nas GUI
>
> Non se chegou a nada con isto, e quedou adiado.
>

Estaba o problema de que en programación hai que diferenciar entre
"selection box" e "check box"


>
> > checksum: suma de comprobación, non "suma de verificación"
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a